A estrada comarcal C-535 foi unha vía de comunicación que vai desde Becerreá até Vendas de Narón, ao longo de 63,985 km. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Percorrido Iníciase no cruzamento da estrada nacional N-6 en Becerreá e finaliza no lugar de Vendas de Narón, na parroquia de San Mamede do Río do concello de Portomarín. De Becerreá a Sarria é a actual estrada LU-636 e de Sarria ao Alto do Hospital é a actual estrada LU-633. No cruzamento coa estrada nacional N-540 no Alto do Hospital, cruza un camiño veciñal que vai dirixindo a Vendas de Narón.

Notas

Categoría:Antigas estradas galegas Categoría:Estradas da provincia de Lugo