O Estadio Kings Park é un estadio de rugby situado en Durban (Suráfrica). Inaugurouse en 1958 e inicialmente tiña capacidade para 12.000 persoas. Renovouse na década de 1980 e de cara á Copa do Mundo de Rugby 1995. Chegou a ter capacidade para 54.000 persoas, reducidas a 46.000 tras as últimas renovacións.
Características
No estadio Kings Park xoga os seus encontros como local o equipo dos Sharks, razón pola cal o estadio recibe o alcume de "Tanque de Tiburóns". Tamén adoita acoller encontros da Selección de rugby de Suráfrica.
O recinto tivo distintas denominacións por razóns de patrocinio, dende ABSA Stadium (entre 2000 e 2010), Mr Price Kings Park (en 2011 e 2012), Growthpoint Kings Park (entre 2013 e 2017), e Jonsson Kings Park (entre 2018 e 2021), ate Hollywoodbets Kings Park (dende 2022).
A menos de 200 metros do estadio Kings Park construíuse o moderno estadio Moses Mabhida, que acolleu varios encontros do Mundial de Fútbol de 2010.
Copa do Mundo de Rugby 1995 O estadio empregouse como un dos recintos nos que se disputou a Copa do Mundo de Rugby 1995 da que foi anfitrión Suráfrica. O estadio acolleu tres encontros da fase de grupos, un dos cuartos de final e a semifinal na que os Springboks acadaron a clasificación para a final do torneo. DataEquipoResultadoEquipoRoldaAsistencia27 de maio de 1995Arxentina 18–24InglaterraGrupo B30.00031 de maio de 1995Inglaterra27–20Italia21.0004 de xuño de 1995Inglaterra44–22Samoa20.00010 de xuño de 1995Francia36–12IrlandaCuartos de final18.00017 de xuño de 1995Suráfrica19–15FranciaSemifinal18.000
Categoría:Estadios de rugby de Suráfrica