Paula Leitón Arrones, nada en Goá (Cospeito) o 27 de abril de 2000, é unha waterpolista española que xoga na posición de aboia no Club Natació Sabadell da División de Honra feminina e na selección española. Conseguiu a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Toquio de 2020 e a de ouro nos Xogos Olímpicos de París de 2024.
Traxectoria Nada en Galicia, formouse nas categorías inferiores do Club Natació Terrassa, en cuxo primeiro equipo se consolidou até a tempada 2015-16. En agosto de 2016 ficha polo CN Sabadell, equipo co que gañou todos os grandes títulos. En maio de 2019 anunciou o seu regreso ao CN Terrassa.
Internacional Sendo un gran caso de precocidade, foi convocada para o Campionato Mundial de Kazán de 2015 con 15 anos e ao ano seguinte para os Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro de 2016 na que foi a deportista máis nova da delegación española con 16 anos.
Notas
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Cospeito Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por España Categoría:Medallistas olímpicos de prata por España Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2024 Categoría:Xogadores de wáter-polo de España Categoría:Xogadores de wáter-polo nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Xogadores de wáter-polo nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Xogadores de wáter-polo nos Xogos Olímpicos de 2024