The Kelpies son esculturas de cabeza de cabalo de 30 metros de altura, situadas entre Falkirk e Grangemouth, xunto á canle Forth preto do río Carron, en The Helix, un novo proxecto de parque construído para conectar dezaseis comunidades en Escocia. Como parte do proxecto, teñen o seu propio centro de visitantes. As esculturas foron deseñadas polo escultor Andy Scott e rematadas en outubro de 2013.
O monumento parte da mitoloxía celta dos kelpies e conmemora o patrimonio construído polos cabalos escoceses de carga.
Historia esquerda|miniatura| Construción da escultura en 2013. Ao comezo do proxecto Helix, en 2005, foi escollido o nome Kelpies, que representaba as bestas mitolóxicas transformadoras coa forza e resistencia de dez cabalos; representan a liñaxe do cabalo pesado da industria e economía escocesas, tirando dos vagóns, arados, barcazas e buques de carbón que conformaron a distribución xeográfica da zona de Falkirk.
Segundo o autor A. Scott, "O concepto orixinal dos míticos cabalos de auga foi un punto de partida axeitado para o desenvolvemento artístico das estruturas (...) tomei ese concepto e dei unha resposta máis enérxica e contemporánea, pasando da referencia mitolóxica a un monumento sociohistórico, para celebrar o papel dos cabalos na industria e na agricultura, e para resaltar a súa conexión coas canles".the-kelpies-1st-birthday Sleigh.co.uk (ligazón morta)miniatura| Vista da escultura coa canle|esquerdaEn 2008, Scott creou versións en miniatura de tres metros no seu estudo de Glasgow. Despois escaneáronse con láser para axudar aos fabricantes de aceiro a crear compoñentes precisos a grande escala.
Construción The Kelpies está feito de aceiro estrutural cun revestimento de aceiro inoxidable; Miden 30 metros de altura e pesan unhas 300 toneladas cada un.
A construción comezou en xuño de 2013 e rematou en outubro de 2013. O 27 de novembro de 2013 celebrouse alí un evento de mercadotecnia e foron abertas ao público en abril de 2014. Notas
Véxase tamén
cabalo cabalo de mar équidos kelpie mitoloxía celta mitoloxía escocesa
Ligazóns externas Helix web oficial Reportaxe na BBC
Categoría:Arte de Escocia Categoría:Arte do Reino Unido Categoría:Mitoloxía escocesa Categoría:Monumentos de Escocia