Ana Álvarez Wagener, nada nas Palmas de Gran Canaria en 1962, é unha actriz española. Apareceu en filmes como La voz dormida, El patio de mi cárcel e Biutiful. Os seus papeis televisivos inclúen a personaxe de Vicenta Ramírez en La Señora e na súa secuela 14 de abril. La República.

Traxectoria Wagener graduouse na Escola Superior de Arte Dramática de Sevilla. Aos 18 anos, Alfonso Zurro escolleuna para a súa ópera Carmen, uníndose á compañía de teatro La Jácara en 1982.

Debutou no cinema no filme de 1987 Los invitados. Na televisión participou en series como Querido maestro, Compañeros, El comisario e La Señora.

Tamén traballa na dobraxe desde a década de 1980, tanto como directora como de actriz, e foi a dobradora habitual de Felicity Huffman.

Participou no filme de 2000 El Bola e posteriormente apareceu en filmes como 7 vírgenes, AzulOscuroCasiNegro, El patio de mi cárcel, Biutiful e La voz dormida. Por estes tres últimos filmes recibiu candidaturas aos Goya, recibindo o premio en 2011 por La voz dormida.

Filmografía + Ano Título Personaxe Notas 2000 El Bola Laura 2003 Las voces de la noche Bárbara 2004 Horas de luz Chus 2006 AzulOscuroCasiNegro Ana Cabeza de perro Rosa 2008 El patio de mi cárcel Dolores 2010 Biutiful Bea Secuestrados Marta 2011 La voz dormida Mercedes 2015 Vulcania Aurora 2016 Contratiempo Virginia Goodman 2018 El reino Asunción Ceballos, "La Ceballos" Durante la tormenta Inspectora Dimas 2020 Ofrenda a la tormenta Fina Hidalgo 2022 Las niñas de cristal Rosa 2023 Te estoy amando locamente Reme

Notas

Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria Categoría:Nados en 1962 Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Actores de televisión de España