miniatura|300px|Cruceiro de Montefaro, en Sanxenxo

Os cruceiros son moito máis que unha manifestación de arte relixiosa, por máis que esa fose a razón orixinal da súa construción. Cumpren, efectivamente, unha función relixiosa, sacralizadora, dun determinado lugar, sexa certo ou non que alí se celebraran cultos pagáns, pero chegan moito máis aló. Tamén son moito máis que un simple fito xeográfico que marca un lugar ou o linde entre parroquias. Son sinais de identidade da aldea ou da parroquia, lugares de encontro e de referencia na vida diaria da xente da aldea. Os cruceiros son obxectos sagrados e, por extensión, tamén o é lugar onde se levantan. Ante os cruceiros rezábase polas ánimas dos mortos, pero tamén pedindo axuda a Deus: lémbrese a lámina de Castelao no caderno Nós: "Non me fan xustiza, Señor".Nós, lámina 19.

A seguir recóllese a pegada que se xerou ó redor dos cruceiros na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral (cantigas, contos, lendas), así como rituais e supersticións relacionados con estes monumentos.

Os cruceiros erguéronse para santificar camiños e encrucilladas, guiar peregrinos e sinalar a proximidade dus santuario, pregar a Deus polo fin dunha peste, pedir ou agradecer algún favor do ceo.Erguéronse, finalmente, na praza da aldea para protección da xente e no campo da feira para a protección do gando.Casterlao: As cruces..., 108.Antonio Soto, 363.

Ó redor dos cruceiros xurdiron ó longo dos séculos crenzas e supersticións, case sempre relacionadas coa morte de alguén, normalmente, violenta. O feito de erguelos naqueles puntos nos que tivo lugar unha morte violenta busca conseguir o descanso eterno á alma da vítima, propiciar que Deus a acolla e evitar que ande vagando polo lugar e poida producir algún dano ós viandantes.

Ó erguer un cruceiro búscase tamén protección contra o sobrenatural, especialmente contra a Santa CompañaPorque a Santa Compaña, disque, foxe dos camiños nos que se levanta un cruceiro., as meigas e a propia morte (quizais aí estea a razón da presenza de tantos cruceiros nas encrucilladas e nos camiños ó cemiterio).

Foi tradición en Galicia que a procesión que acompañaba ó defunto camiño do cemiterio parara ante tódolos cruceiros que atopase no camiño, así como nas encrucilladas, e os cregos rezaran un responso pola súa alma. Ó facelo ante a cruz, a comunidade está pedindo a Deus o perdón dos pecados que puidera cometer o defunto; e ó facelo na encrucillada, que non se desvíe do camiño cara o ceo.Sergio Vázquez Rouco: San Xoán de Poio. Monasterio, coto, parroquia, Deputación de Pontevedra 1998, 165-166. Begoña Bas López destaca o carácter funerario das encrucilladas e, para protexerse das ánimas dos mortos por causa violenta nun camiño, que permanecían no lugar o tempo que lle faltaba de vida, cumpría erguer un cruceiro.<ref>Begoña Bas López: As construcións populares. Un tema de etnografía en Galicia", Ediciósn do Castro, Sada 1983, 210.</ref>

Cómpre ser respectuoso cos cruceiros, e é tradición facer o sinal da Cruz ó pasar diante deles. Castelao conta o caso dun rapaz de Mourente (Pontevedra) que, nunha noite de troula, pintou con chapapote a cara dun dos santiños do cruceiro da igrexa. E no mesmo intre que o fixo, veu como a súa man inchaba e se puña moura, e só recuperou o seu estado normal despois de limpar a imaxe coidadosamente. Conta tamén que outro mozo rubiu ó cruceiro de Lavadores (Vigo) e o cruceiro caeu ó chan, esnaquizándose. O cruceiro perdeuse pero o mozo xa nunca foi home, e pasou o resto da súa vida entre médicos e boticas.Castelao: As cruces ..., 106.

Quen profane un cruceiro estará condenado, trala súa morte, a andar vagando onda o cruceiro buscando atopar un familiar ou amigo que desfaga o mal que cometera, e ata que non se produza esta restauración non terá acougo na morte. Unha vella de Carballedo (Cerdedo Cotobade, Pontevedra) contoulle a Castelao que un home recibiu o encargo do seu pai, morto nas Américas, de que arranxase o cruceiro de Rebordelo "polo amor de Deus a a súa salvación".Castelao: As cruces..., 106. Pasaríalle o mesmo a aquel que meta a uña nun peto de ánimas.

miniatura|250px|Cruceiro da Armada, en Cee.

Nalgúns cruceiros, chamados cruceiros dos meniños, existiu o costume de soterrar ó seu pé os nenos que morreron sen bautizar, cando os cregos se negaban a darlles sepultura en sagrado. Mostra desta práctica son as letras iniciais ou pequenas cruces gravadas na base do cruceiro.Natividad Rey.

Algúns cruceiros posuían unha pequena mesa ó pé, o pousadoiro. Nesta mesa pousaban o cadaleito no camiño ó cemiterio mentres rezaban un responso. Tamén, noutros sitios, as procesións celebradas con ocasión da festa do lugar aproveitaban esta mesa para pousar o Santo e rezar, ou ben os participantes daban unha volta ó redor do cruceiro.

Lugares de sanación Para buscar protección ou curación contra as enfermidades cómpre aproveitar a forza sanadora dos lugares sagrados ou sacralizados. No caso das pontes, que son, en principio, lugares maléficos, a presenza dun cruceiro outorga ese carácter sacralizado.Xosé Ramón Mariño Ferro: La medicina popular interpretada I, Xerais, Vigo 1985, 273. O paso do Viático ou dun bispo pola ponte tamén fai o mesmo efecto.

Ó redor dos cruceiros, como lugares de sanación, de curación máxica, naceron tradicións como o Bautismo anticipado ou bautismo no ventre da nai, ritual profiláctico testemuñado en moitos cruceiros situados nas pontes.Se ben, tamén se recorría co mesmo fin ó cruceiro da Basílica de Santa María, en Pontevedra.. A práctica do bautismo anticipado deulle o nome á Ponte dos Padriños, en Ponte Arnelas (Ribadumia. Xosé María Álvarez Blázquez escribiu un textiño baixo o título "O afillado", no que relata un caso de bautismo anticipado realizado na Ponte do Burgo, en Pontevedra, onde houbo un cruceiro no medio da ponte, e Agustín Portela Paz debuxa a escena no seu libro Pontevedra, boa vila.Portela Paz, Agustín: Pontevedra, boa vila, 1947, sen paxinar. Outra ponte, con cruceiro, sobre a que se practicaba o mesmo ritual profiláctico é a ponte romana de Bermaña, en Caldas de Reis.

Bernardo Barreiro de W recolleu a seguinte explicación:

miniatura|250px|esquerda|San Antón, no cruceiro de Carrais (Rois

Tamén se realizaban outras prácticas máxicas para curar o tangaraño (raquitismo) ou, neste mesmo sentido, levábanse os meniños que tardaban en andar, ou que tatexaban, onda un cruceiro, ás doce do mediodía, e os pais daban voltas ó redor con cativo da man mentres soaban as doce badaladas.Cambados, a tradición oral, Colexio Público Castrelo, Cambados, 1996, 89; A medicina popular, Colexio Público Castrelo, Cambados, 1996, 83. Semellante ritual se realizaba no cruceiro de Mourente (en Pontevedra), os sábados á tarde, á hora da oración: os pais (ou a nai) daba voltas ó redor do cruceiro co meniño no colo mentres rezaba “Campaíñas a tocar, rapaciños a andar”.Valle Pérez: "Los cruceros de la parroquia de Mourente. Pontevedra", en Gallaecia: revista de arqueoloxía e antigüidade nº 2, 1976. Castelao di que el lembra ver isto no cruceiro da praza, de Rianxo, e que tal cousa se facía o Sábado de Gloria.Castelao: As cruces..., 108.

Para a etnógrafa Begoña Bas, nos cruceiros pode lograrse a curación de certas doenzas sobrenaturais, como o mal de aire, o aire de gato e mailo tangaraño. Neste último caso había que levar o rapaz enfermo onda un cruceiro nunha encrucillada, atarlle as pernas e esperar que aparecese algunha persoa. Cumpría pedirlle que, en silencio, lle cortase a corda mentres a nai recitaba este ensalmo: "Home de boa fortuna, córtalle a pexa a esta criatura".

Víctor Lis Quibén e, posteriormente, Taboada Chivite recolleron un ritual semellante para curar o aire de doncela. Cumpría levar o meniño enfermo, antes do amencer, a onda un cruceiro. Alí, sentábano nun dos chanzos e atábase cunha cinta ó varal do cruceiro, todo no máis absoluto silencio, e agardaban que pasara o primeiro viandante, a quen se lle pedía: "Mulleriña ou homiño que vés de fortuna, desencabréstame esta criatura". O transeúnte así o fará e, desde ese mesmo instante, o rapaz quedará libre do aire.Lis Quibén, 62; Taboada Chivite: O culto das pedras, 161.

Hipólito de Sa recolle outro ritual para curar meniños enfermos (sen especificar de que) practicado nos cruceiros con pousadoiro, ós que chama cruceiros de parada (porque neles se paraba a comitiva fúnebre e pousaba o cadaleito mentres se rezaba un responso). O ritual consistía en deitar o meniño no pousadoiro, unha noite de lúa nova dun día que non teña erre. Tras rezar polas almiñas dos devanceiros do meniño, cambiábaselle de roupa entre ensalmos e cruces, na crenza de que a enfermidade se vai coa roupa sucia e a saúde virá coa roupa limpa.Hipólito de Sa Bravo: Creencias del costumbrismo religioso en Galicia, Deputación de Pontevedra, 1991, 59.

En Santo Adrián de Vilariño (Cambados) cren que o cruceiro do culebrón axudaba a conseguir quedarse embarazadas. Para iso, colgaban dos brazos da cruz algún trebello de cociña, segundo ían cara misa.Arribas, 296.

Pero outros crían que a esterilidade era cousa dun aire ou un mal de ollo. Por iso, en Outes ían rezar ó pé do cruceiro de San Xoán de Roo, á media noite. No cruceiro de Moldes, en San Martiño de Oleiros (Ribeira), ía a muller, soa, ás doce da noite; daba tres voltas ó redor, en silencio, e despois, con auga bendita e un cacho de unto fan o sinal da cruz nos xenitais e sobre o ventre. Se se supón que a causa é un mal de ollo, vai unha meiga coa auga bendita e, previamente, queiman unha peza de roupa da persoa da que se sospeita a ollada.Arribas, 298.

Outras prácticas rituais miniatura|esquerda|250px|Ofrendas de millo no Cruceiro do Culebrón, en Lantaño (Portas, Pontevedra)

En Cambados, cando os barcos non pescaban o suficiente, as mulleres dos mariñeiros ían vestidas de branco onda certos cruceiros e botábanlle sal, ou deixaban ó pé olas, flores, borralla, etc.

En Cespón (Boiro) está o cruceiro do Coveliño, un cruceiro de capela. Era costume das mulleres dos mariñeiros virar a imaxe da Virxe en dirección a onde pedían que sopre o vento, un vento favorable para que os seus homes regresasen pronto sans e salvos. Así, era posible atopar o cruceiro coa imaxe da Virxe de costas ó camiño.Castelao: As cruces..., 108.Cruceiros de Galicia.

No lugar de Carrais, en Herbogo, unha parroquia de Rois, érguese un cruceiro de capela que ten unha figura de San Antón tallada no fuste. Como santo avogoso das cousas perdidas, os veciños pídenlle axuda para atopar obxectos ou gando perdido, e para conseguilo átanlle as pernas cun fío ou unha corda, que só retiran cando aparece o obxecto extraviado.

miniatura|250px|Cruceiro do Marco do Couto, en Dumbría

Aínda hoxe poden verse nalgún caso cirios colocados nos banzos da base, ou ofrendas de froitos, espigas de centeo ou milloComo as que aparecen nun dos cadros de Castelao do tríptico Cegos, que pintara para o balneario de Mondariz en 1915 e que hoxe se expón no Museo de Pontevedra, e que cita que se facía nos cruceiros de Cerponzóns (Pontevedra) ou Dodro., flores,No cruceiro da Trindade, en Baiona, ou no de Coia (Vigo). figuras de cera (exvotos), que non son outra cousa que anónimos xestos de piedade. Castelao conta que, no cruceiro de San Pedro de Tállara (Lousame, comarca de Noia), as mozas cortaban a trenza en promesa de amor e deixábana nos chanzos do cruceiro.Castelao: As cruces..., 108. Todas estas manifestacións da devoción popular son máis frecuentes nos petos de ánimas.