Soledad Torres Guijarro, é enxeñeira de Telecomunicación e profesora na Universidade de Vigo (Uvigo).
Traxectoria É Enxeñeira de Telecomunicación dende 1992 e Doutora Enxeñeira de Telecomunicación pola Universidade Politécnica de Madrid, especializada en Tratamento Dixital de Sinais. Na actualidade é profesora na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Anteriormente, foi profesora na Universidade Carlos III de Madrid, Universidade de Valladolid e Universidade Europea de Madrid, e investigadora na Universidade Politécnica de Madrid e no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia.
Os seus intereses como investigadora inclúen o Procesado Dixital de Sinais de son e acústicas e a acústica submarina. Tamén a promoción das vocacións científico-técnicas femininas, e a incorporación da perspectiva de xénero na investigación.
Forma parte do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo.
Notas
Categoría:Enxeñeiros de Galicia
Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Madrid Categoría:Personalidades sen imaxes