The Beach Boys Today! é o oitavo álbum de estudio da banda estadounidense de rock The Beach Boys, publicado o 8 de marzo de 1965 a través do selo Capitol Records. Marcou un afastamento dos seus discos anteriores co seu son orquestral, a temática íntima e o abandono das cancións de coches ou surf. A primeira cara presenta un son acelerado, mentres que a segunda consiste principalmente en baladas introspectivas. Apoiado por este enfoque temático, o disco estableceu ao grupo como artistas de álbums e non só como unha banda de sinxelos. Dende entón, foi considerado como un dos mellores álbums de todos os tempos.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de The Beach Boys Categoría:Álbums musicais de 1965 Categoría:Álbums producidos por Brian Wilson Categoría:Álbums de Capitol Records