Superdetective en Hollywood: Axel F (en ) é un filme estadounidense de 2024 dirixido por Mark Molloy e escrito por Will Beall, Tom Gormican e Kevin Etten a partir dunha historia de Beall. É o cuarto título da franquía cinematográfica de Beverly Hills Cop, e a secuela de Beverly Hills Cop III (1994). Eddie Murphy (quen tamén é produtor) retoma o seu papel como Axel Foley, xunto con Judge Reinhold, John Ashton, Paul Reiser, e Bronson Pinchot que tamén retoman os seus papeis dos filmes anteriores. Joseph Gordon-Levitt, Taylour Paige e Kevin Bacon únense ao elenco.

Estreouse en Netflix o 3 de xullo de 2024, onde conta con versión de dobraxe e subtitulado en galego.

Personaxes

Eddie Murphy como Axel Foley Joseph Gordon-Levitt como Detective Bobby Abbott Taylour Paige como Jane Saunders Judge Reinhold como Billy Rosewood John Ashton como Xefe John Taggart Paul Reiser como Jeffrey Bronson Pinchot como Serge Kevin Bacon como capitán Cade Grant Mark Pellegrino como Beck Nasim Pedrad como Ashley De La Rosa Luis Guzmán como Chalino Valdemoro

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes ambientados nos Ánxeles Categoría:Filmes adiados por mor da pandemia de COVID-19 Categoría:Filmes sobre asasinatos Categoría:Detroit Red Wings Categoría:Filmes de 2024 con versión en galego