A Asociación de Lingüística Computacional (ALC ou ACL, do inglés Association for Computational Linguistics) é un organismo científico centrado no traballo e investigación no eido do Procesamento da Linguaxe Natural (PLN). Cada ano, organiza un congreso homónimo que constitúe como un dos eventos de maior impacto sobre PLN, xunto co EMNLP. Este congreso ten lugar cada verán naqueles lugares onde se levan a cabo investigacións de valor sobre lingüística computacional. Este organismo naceu en 1962, baixo o nome orixinal de Asociación de Tradución Automática e Lingüística Computacional (ATALC). En 1968, pasou a chamarse Asociación de Lingüística Computacional (ALC), e actualmente conta cunha sección europea (EACL, das súas siglas en inglés), unha norteamerican (NAACL, das súas siglas en inglés), e unha asiática (AACL, das súas siglas en inglés).

Historia A actual ALC naceu en 1962, baixo o nome Asociación de Tradución Automática e Lingüística Computacional (ATALC) e cunha afiliación inicial de 100 persoas. En 1965, ATALC asumiu a dirección da revista Tradución Automática e Lingüística Computacional. A esta revista sucedéronlle outras, tales como a Revista Norteamericana de Lingüística Computacional (1974–1978, 1980–1983), que despois pasou a chamarse Lingüística Computacional (1984–presente). Desde 1988, MIT Press encárgase da publicación desta revista de ACL.

O primeiro congreso anual tivo lugar en 1963, en conxunto coa conferencia nacional da Asociación de Maquinaria Computacional. Durante unha temporada, o congreso anual era relativamente informal e só se publicaban abstracts. Con todo, en 1968, o organismo adoptou o seu nome actual, Asociación de Lingüística Computacional (ALC), e sería en 1979 cando se comezarían a publicar as actas dos congresos, baixo o nome de Proceedings of the ACL, as cales irían tomando paulatinamente a súa forma actual. Moitas das conferencias se organizaron xunto coa Sociedade Lingüística dos Estados Unidos de América e outras coa Asociación para a Información de Ciencia e Tecnoloxía e a Asociación de Estudos Cognitivos.

O goberno dos Estados Unidos patrocinou moitas das investigacións entre 1989 e 1994, o que tivo como resultado un aumento no índice de retención de persoas autoras, así como un incremento na investigación sobre temas imprescindibles no ámbito de ALC, como recoñecemento de discurso. Xa no século XXI, lográronse manter uns altos índices de autores que unían esforzos nunha disposición máis estable en torno a temas individuais de investigación. Actualmente, ACL contén máis de 100.000 artigos de investigación sobre lingüística computacional e PLN.

Conferencia Anual de ACL Cada ano, ACL organiza a súa Conferencia Anual, que ten lugar en Europa, Norte América, e Australia e Asia. En 2020, a Conferencia Anual recibiu por primeira vez máis traballos dende China que os Estados Unidos. AnoLocalizacióndo 11 ao 16 de agosto de 2024 Bangkok, Tailandiado 9 ao 14 de xullo de 2023Toronto, Canadádo 22 ao 27 de maio de 2022Dublín, Irlandado 1 ao 6 de agosto de 2021Bangkok, Tailandia En liña debido á COVID-19do 5 ao 10 de xullo de 2020 Seattle, Washington En liña debido á COVID-19do 28 de xullo ao 2 de agosto de 2019Florencia, Italiado 15 ao 20 de xullo de 2018Melbourne, Australiado 30 de xullo ao 4 de agosto de 2017Vancouver, Canadádo 22 ao 27 de xuño de 2014Baltimore, Marylanddo 19 ao 24 de xuño de 2011Portland, Oregóndo 15 ao 20 de xuño de 2008Columbus, Ohiodo 25 ao 30 de xuño de 2005Ann Arbor, Míchigando 7 ao 12 de xullo de 2002 Fildelfia, Pensilvania

Actividades ACL organiza varias das principais conferencias e talleres no campo da lingüística computacional e o Procesamento da Linguaxe Natural. Estas inclúen:

Conferencia Anual da Asociación de Lingüística Computacional, a conferencia máis importante do organismo Métodos Empíricos en Procesamento da Linguaxe Natural (MEPLN) Conferencia Conxunta Internacional en Procesamento de Linguaxe Natural (CCIPLN), que ten lugar xunto con outras conferencias seguindo un sistema de quendas. Conferencia en Aprendizaxe Computacional de Linguaxe Natural (CoNLL) Semántica Léxica e Computacional e Avaliación Semántica (SemEval) Conferencia Conxunta de Semántica Léxica e Computacional (*SEM) Taller en Tradución Automática Estatística (WMT)

Ademais das conferencias, ACL tamén patrocina as revistas Lingüística Computacional e Transaccións da Asociación de Lingüística Computacional (TALC). Os artigos científicos e outras presentacións ofrecidas nos eventos de ACL e outros relacionados co organismo arquívanse en liña na antoloxía ACL Anthology, de acceso aberto.

Grupos de especial interese ACL conta cun gran número de grupos de especial interese centrados en áreas específicas do PLN. Algúns destes inclúen: SIGDescriptionSIGANNAnotación lingüísticaSIGBIOMEDProcesamento de linguaxe biomédicaSIGDATDatos lingüísticos e métodos baseados en corpusSIGDIALProcesamento do diálogoSIGFSMModelos autómatas finitosSIGGEN Xeración da linguaxe naturalSIGHANProcesamento do chinésSIGHUMTecnoloxías da linguaxe para as Ciencias Sociais e HumanidadesSIGLEXLéxico: o organismo que engloba as avaliacións semánticas de SemEval e as avaliacións palabra-sentido de SENSEVALSIGMT Tradución automáticaSIGMOLMatemáticas da linguaxeSIGMORPHONMorfología e fonoloxía computacionalSIGNLLAprendizaxe da linguaxe naturalSIGPARSEParsing da linguaxe naturalSIGSEMSemántica computacionalSIGSEMITIC Métodos computacionais para as linguas semíticasSIGSLAVPLN para as linguas eslavasSIGSLPAT Procesamento da fala e a linguaxe para tecnoloxías de asistenciaSIGTYPTipoloxíaSIGWACA web como un corpus

Presidentes Cada ano, ACL elixe un distinguido lingüista computacional que devén vicepresidente da organización no seguinte ano de calendario e presidente un ano máis tarde. Os últimos presidentes de ACL foron: +YearName2022Tim Baldwin2021Rada Mihalcea2020Hinrich Schütze2019Zhou Ming2018Marti Hearst2017Joakim Nivre2016Pushpak Bhattacharyya2015Christopher D. Manning2014Gertjan van Noord2013Haifeng Wang2012Ken Church2011Kevin Knight2010Ido Dagan2009Steven Bird2008Bonnie Dorr2007Mark Steedman2006Jun'ichi Tsujii2005Martha Palmer2004Johanna Moore2003Mark Johnson2002John Nerbonne2001Eduard Hovy2000Wolfgang Wahlster

Notas

Véxase tamén Outros artigos Sociedade Española para o Procesamento da Linguaxe Natural (SEPLN)

Categoría:Lingüística computacional