Segredos dun escándalo (en ) é un filme estadounidense de 2023 dirixido por Todd Haynes a partir dun guión de Samy Burch, e baseado na historia orixinal de Burch e Alex Mechanik. Está protagonizado por Natalie Portman, no papel dunha actriz que viaxa para coñecer e estudar a vida de Gracie, a polémica muller (Julianne Moore) á que está destinada a interpretar nunha película, unha muller famosa pola relación de 24 anos co seu marido Joe (Charles Melton), que comezou cando el tiña 13 anos e ela 36.
O filme anunciouse en xuño de 2021, e Portman e Moore uníronse ao elenco ese ano. Filmado en 23 días a mediados de 2022 en Savannah, Xeorxia, estreouse na 76ª edición do Festival Internacional de Cinema de Cannes o 20 de maio de 2023, e Netflix adquiriu os dereitos de distribución estadounidenses.
Estreouse dobrado e subtitulado en galego a través de Amazon Prime Video o 8 de xullo de 2024.
Personaxes Natalie Portman como Elizabeth Julianne Moore como Gracie Charles Melton como Joe Yoo Cory Michael Smith como Georgie Elizabeth Yu como Mary Atherton-Yoo Gabriel Chung como Charlie Atherton-Yoo Piper Curda como Honor Atherton-Yoo D. W. Moffett como Tom Atherton Lawrence Arancio como Morris Sperber
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Todd Haynes Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en 2015 Categoría:Filmes de 2023 con versión en galego