The Boo Radleys é unha banda inglesa de rock alternativo asociada cos movementos shoegazing e britpop dos anos 90. Formouse orixinalmente en Wallasey, Inglaterra, en 1988, co cantante e guitarrista Simon Rowbottom, o guitarrista e compositor Martin Carr e o baixista Tim Brown. O seu nome é tomado do personaxe Boo Radley na novela de Harper Lee de 1960 To Kill a Mockingbird.Strong, Martin C. (2000). The Great Rock Discography (5th ed.). Edinburgh: Mojo Books. pp. 106–107. ISBN 1-84195-017-3 A banda separouse en 1999.

Nos seus 11 anos de carreira a banda tivo un sinxelo no top 10, "Wake Up Boo!" de 1995, que chegou ao número 9, e un álbum número un, Wake Up!. A banda reuniuse en 2021 sen Carr e lanzou un sinxelo, "A Full Syringe and Memories of You", a súa primeira música nova dende 1998. Paul Banks de Interpol citou á banda como unha influencia.

No ano 2021 varios dos seus membros volveron a reunir a banda e dende ent¡on publicaron dous novos álbums de estudio.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Ichabod and I 1990 Action Everything's Alright Forever 1992 Creation Records Giant Steps 1993 Creation Records Wake Up! 1995 Creation Records C'mon Kids 1996 Creation Records Kingsize 1998 Creation Records Keep on with Falling 2022 Boostr Eight 2023 Boostr In Spite of Everything 2026 Boostr

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais do condado de Merseyside Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de shoegazing Categoría:Grupos musicais de dream pop Categoría:Grupos musicais de britpop Categoría:Grupos musicais de noise pop Categoría:Grupos musicais de neopsicodelia Categoría:Grupos musicais formados en 1988