alt=Mesa redonda sobre cultura e arte na Cedofestiña 2024|miniatura|Mesa redonda sobre cultura e arte na Cedofestiña 2024, con Lucía Ferro (á nosa esq.), Clara Maseda e Sandra González (der.)alt=Actuación de Catuxa Salom na Cedofestiña 2024|miniatura|Actuación de Catuxa Salom na Cedofestiña 2024 O Colectivo As Vacas Fracas é un colectivo artístico multidisciplinar, constituído en Ribadeo por un grupo de persoas novas en 2021. Xurdiu ante a necesidade de crear de forma colectiva e atopar un espazo no que levantar a voz, expresarse e compartir. O ámbito territorial da asociación é Ribadeo, comarca da Mariña lucense e arredores. O obxectivo principal é reactivar a arte na Mariña, apoiando novas artistas de diferentes disciplinas. As compoñentes iniciais aglutinaban formación artística, deseño, fotografía e comunicación.Dossier 'As vacas Fracas Colectivo"
Outros obxectivos son:
O fomento da expresión artística e da dinamización sociocultural de Ribadeo e arredores. A reivindicación da cultura local e rural, prestando especial atención á mocidade e buscando a xeración de espazos comunitarios de encontro interxeracional, que promovan a expresión individual e a conciencia colectiva. O aproveitamento de ditos espazos como puntos de encontro seguros para colectivos diversos, respectuosos, feministas e inclusivos. Pretenden, usar e poñer en valor espazos de interese histórico no rural, como o pazo de Cedofeita (onde se celebran as Cedofestiñas), e puntos estratéxicos do casco histórico de Ribadeo coma a fonte dos Catro Caños.
Como exemplo, as propostas feitas para o ano 2022 foron:
abril: Mural colectivo e concerto
abril: Obra de teatro a beneficio dunha asociación
alt=Mural promovido polo colectivo no CIFP Porta da Auga|miniatura|Mural promovido polo colectivo no CIFP Porta da Auga
maio/xuño: Festival de muralismo
xullo: Cedofest: Festival de música e artes plásticas agosto: Festival de curtas cinematográficas
O grupo, en continuo movemento, evoluíu dende o comezo sen cambiar os obxectivos, cambiando só matices como a integración na última semana de agosto de 2024 na Cedofestiña o Cedofest e o Festival de curtas, que aglutinou a xente como Rosalía G.T., Lucía Ferro, Kornucopia ou Catuxa Salom.
Notas
Categoría:Asociacións culturais Categoría:Ribadeo