O concilio de Carrión foi unha concilio de cregos e nobres que se celebrou en Carrión de los Condes en 1130.
Historia En 1123 o papa Calisto II equiparou as guerras contra os musulmáns na península coas cruzadas en Terra Santa, exhortando aos eclesiásticos a predicar estas ideas. Á súa morte, o seu sucesor Honorio II enviou ao cardeal Umberto como legado a latere , para corrixir algunhas cuestións.
O arcebispo de Santiago, Xelmírez, convocou para tal fin o concilio en Carrión, que comezou en febreiro de 1130 e que estivo presidido polo legado papal, o arcebispo de Santiago (Xemírez), o metropolitano de Tarragona (Olegario) e o rei Afonso VII. O legado dedicouse a reforzar a autoridade do rei mentres Xelmírez manobraba para aumentar o seu poder, xa que depuxo aos bispos de León, Salamanca e Oviedo máis ao abade de Samos, que se opuxeron ao matrimonio do rei con Berenguela, sendo substituídos o de León e o de Salamanca por cóengos de Santiago) co pretexto de asegurar estas sés para o monarca.
Notas
Categoría:Concilios Categoría:Reino de Galicia Categoría:Reino de León