O tesouro da Apadana é un conxunto de moedas que se descubriu baixo as caixas de pedra que contiñan as táboas fundacionais do palacio de Apadana, en Persépole, a capital do Imperio Aqueménica, no actual Irán.Zournatzi, A. (2003).

As moedas foron descubertas en escavacións realizadas en 1933 por Erich Schmidt, en dous depósitos, cada un deles localizado baixo senllas caixas. O depósito deste tesouro, que aparentemente formaba parte do ritual de fundación do palacio da Apadana, está datado cara a 515 a.C.

As táboas fundacionais As táboas de ouro e prata recuperadas das caixas de pedra contiñan unha inscrición trilingüe de Darío I (522-486 a.C.) en persa antigo, elamita e acadio, que describe o seu imperio en termos xeográficos:

O tesouro da Apadana As moedas achadas no tesouro da Apadana son:

Depósito nordeste: catro creseidas lixeiras de ouro —da ceca de Sardes—, un tetradracma de Abdera, e un estatero de Exina. Depósito sueste: catro creseidas lixeiras de ouro (da ceca de Sardes), tres siclos dobres de Chipre —un atribuído a á ceca de Lapetos, outro á de Paphos e outro a unha ceca incerta—.

As creseidas atopáronse en moi bo estado de conservación, o que confirma que foran cuñadas recentemente baixo o dominio aqueménida. O depósito non contiña ningún exemplar de dáricos nin de siclos, o que tamén suxire claramente que estas moedas típicas da cuñaxe aqueménida só comezaron a cuñarse máis tarde, despois de 515 a.C.Fisher, W. B. et al. (1968). Páxina 617.

Simbolismo Segundo o numismático Martin Price, as moedas do tesouro da Apadana non deberon ser seleccionadas polo lugar que representaban, senón máis ben polo significado simbólico da súa tipoloxía. O león que ataca o touro na creseida licia tiña un simbolismo obvio para os aqueménidas; o grifón do didracma de Abdera puido ser utilizado como gardián simbólico do ouro, e a tartaruga da moeda de Exina puido ser elixida como símbolo do poder marítimo.Root, M. C. (1989). Páxina 50.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Fisher, W. B. et al. (1968). The Cambridge History of Iran. Cambridge University Press. ISBN 9780521200912 Root, M. C. (1989). "The Persian archer at Persepolis: aspects of chronology, style and symbolism". En Revue des Études Anciennes. 91-1-2. Páxinas 33- 50. Zournatzi, A. (2003). "The Apadana Coin Hoards, Darius I, and the West". En American Journal of Numismatics. 15. American Numismatic Society. Páxinas 1-28.

Outros artigos Moeda aqueménida Moeada da Antiga Grecia Tesouro de Cabul

Categoría:Tesouros Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía en Irán Categoría:Imperio Aqueménida Categoría:Moedas da Idade Antiga