O municipio de Bauska (en letón, Bauskas novads) é un dos 36 municipios de Letonia.

Localizado ao sur do centro de dito país báltico, o municipio creouse durante o ano 2021 despois dunha reorganización territorial, que buscou as vantaxes da fusión de concellos eliminado o antigo municipio de Iecava, o municipio de Rundale e o municipio de Vecumnieku. Limita ao oeste co municipio de Jelgava, ao norte cos municipios de Ķekava e Olaine, ao leste e norte co municipio de Ogre e ao sur cos municipios do país veciño fronteirizos, o distrito de Biržu e o distrito de Pasvale en Lituania. O centro comarcal está situado na cidade de Bauska.

O territorio municipal do condado de Bauska está dividido en 4 asociacións municipais, a división das asociacións é a seguinte:

Asociación de Bauska: cidade de Bauska, parroquia de Brunava, parroquia de Ceraukste, parroquia de Codes, parroquia de Dāviņu, parroquia de Īslīce, parroquia de Gailīšu, parroquia de Mežotne e a parroquia de Vecsaules; Pilsēta un pagasti. Dobeles novada pašvaldība Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2010. Consultado o 11 de febreiro de 2022.

Historia

Durante a Segunda Guerra Mundial, a cidade de Bauska e vilas lindeiras do municipio foron destruídas. En 1944, o Exército Vermello lanzou unha ofensiva nas repúblicas bálticas. Formouse un rexemento de voluntarios duns 300 homes para protexer a cidade de Bauska das tropas soviéticas. Partisanos organizados no movemento nacional de resistencia. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 1997. Consultado o 16 de setembro de 2024. Durante seis semanas, esta pequena unidade conseguiu aguantar a ofensiva dunha forza inimiga significativamente superior, as tropas soviéticas lograron capturar Bauska só despois de varios bombardeos, que destruíron máis dun terzo da cidade.

Despois da Segunda Guerra Mundial, o territorio do distrito de Bauska volveu formar parte da RSS de Letonia.

En 1991, despois da restauración da independencia de Letonia, o condado de Bauska pasou a formar parte da Letonia independente.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Organización territorial de Letonia

Ligazóns externas Relación: Bauska novads en openstreetmap.org .

Bauska