María Teresa Casanova, nada en Monforte de Lemos en 1902, foi unha xornalista e escritora galega.

Traxectoria Arribou a Buenos Aires cos seus pais con nove meses. Mestra e licenciada en Filosofía. Nos anos trinta colaborou coa Orgaización Nazonalista Repubricana Galega.Opinión Gallegista, 1-8-1935, p. 1. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 converteuse na maior defensora do golpe militar na Arxentina, coua súas proclamas no programa radiofónico "Habla España", artigos en Acción Española, a súa laboura como articulista e secretaria de redacción en El Diario Español e no semanario Juan Español; tamén colaborou na prensa arxentina no equipo de redacción de La Razón, Estampa, Aquí Está e Maribel, e escribia no diario La Prensa; tamén foi unha prolífica conferenciante, destacando a que pronunciou no Teatro Colón de 1937. Foi nomeada agregada cultural da embaixada española na Arxentina. En 1948 obtivo unha bolsa do Instituto de Cultura Hispánica para percorrer España durante un ano como escritora e conferenciante. Entrevistouse con Pilar Primo de Rivera, foi recibida en audiencia por Francisco Franco, e foi obxecto dunha homenaxe no Centro Gallego de Madrid. En novembro foi entrevistada por Manuel Fraga de Lis para El Pueblo Gallego.El Pueblo Gallego, 17-11-1948, p. 2. Rematou a xira e retornou a Buenos Aires o 29 de novembro de 1948.El Progreso, 24-11-1948, p. 2. Presentada como “sobriña de Sofía Casanova”, o seu parentesco foi desmentido por Joaquín Pérez Madrigal en decembro de 1948.La Noche, 30-12-1948, p. 4.

Obras Isabel la Católica. José Ballesta Editor, Buenos Aires, 1944.

Notas

Véxase tamén Bibliogtrafía Ferreyra, Alejandra / Las voces a favor de Franco. Las audiciones radiales de los nacionalistas españoles en Buenos Aires (1936-1945). Ligazóns externas María Teresa Casanova.

Categoría:Xornalistas de Monforte de Lemos Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1902