O lago Kivu é un dos maiores lagos da África. Está situado na fronteira entre a República Democrática do Congo e Ruanda, na zona do Gran Val do Rift. O lago Kivu desauga no río Ruzizi, que segue para o sur e, á súa vez, desauga no Lago Tanganyika. O lago ficou coñecido como o lugar onde moitas das vítimas do xenocidio de Ruanda en 1994 foron tiradas.

Historia O primeiro europeo en visitar o lago foi o conde alemán Gustav Adolf von Götzen en 1894.

Xeografía área: 2.700 km² altitude: 1.460 metros volume de auga: 500 km³ largura: 48 km lonxitude: 89 km profundidade: media 240 metros, máxima 480 metros illa: Idjwi cidades bañadas: República Democrática do Congo: Goma e Bukavu Ruanda: Kibuye e Cyangugu

O lago Kivu é un dos tres lagos explosivos coñecidos, xunto ao lago Nyos e ao lago Monoun, no Camerún, os cales experimentan violentas erupcións. Unha análise da historia xeolóxica do lago Kivu indicou unha periódica extinción biolóxica masiva cada mil anos. Aínda que a composición química dos lagos explosivos é particular para cada caso, no lago Kivu detectouse metano e dióxido de carbono debido á interacción das súas augas cun volcán, o que podería causar unha catástrofe natural, ademais tendo en conta que aproximadamente dous millóns de persoas viven nas súas ribeiras.

Recentemente cóntase que o lago Kivu ten 55 millóns de metros cúbicos de gas metano disolto a unha profundidade de 300 metros. Agora, o goberno de Ruanda está destinando fondos para que un consorcio internacional extraia o gas.

esquerda|miniatura|300px|Marxe do lado ruandés

Categoría:Lagos de África Categoría:Xeografía de Ruanda Categoría:Xeografía da República Democrática do Congo