San Pedro de Pígara é unha parroquia do concello lucense de Guitiriz. Dista uns 35 km da capital provincial. Segundo o IGE en 2013 tiña 432 habitantes (222 homes e 210 mulleres), 121 menos ca en 1999. Ten 29 entidades de poboación.
Patrimonio En Pígara consérvanse restos da cultura castrexa no Castro do Pazo. A igrexa parroquial de San Pedro de Pígara, situada na aldea de Fontefría, de estilo neogótico, construíuse sobre os restos do antigo santuario.
Lugares e parroquias Lugares de Pígara
Parroquias de Guitiriz
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Guitiriz
Ligazóns externas Pígara na web do concello de Guitiriz
Categoría:Parroquias de Guitiriz Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro