Claire Elizabeth Foy, nada en Stockport, Gran Manchester, o 16 de abril de 1984, é unha actriz británica. É coñecida por interpretar a raíña Isabel II de Inglaterra na serie The Crown de Netflix, papel que lle rendeu aclamación e recoñecemento internacional, e que lle valeu un Primetime Emmy, un Globo de Ouro e dous premios Screen Actors Guild, alén de outros premios e nomeamentos.

Claire tamén interpretou os papeis de Ana Bolena na miniserie Wolf Hall, de Lisbeth Salander en The Girl in the Spider's Web da serie Millenium, e de Janet Shearon, esposa do astronauta Neil Armstrong no filme First Man, polos que foi nomeada ao Globo de Ouro, BAFTA e os Critics' Choice Awards, Traxectoria

Primeiros anos e formación A súa nai, Carolina, traballa nunha empresa farmacéutica e o seu pai, David Foy, é consultor de vendas. Creceu en Manchester e Leeds e é a máis nova de tres fillos. Os seus pais divorciáronse cando ela tiña oito anos.

Asistiu á escola feminina Aylesbury High School desde os doce anos e despois ingresou na Universidade John Moores de Liverpool, onde estudou Arte Dramática e Cine. Despois da graduación, fixo un curso de interpretación na Oxford School of Drama.

Vida persoal Ao rematar os seus estudos en Liverpool e Oxford trasladouse a Peckham, Londres, onde viviu con cinco amigas da universidade.

Foy casou co actor Stephen Campbell Moore, co que ten unha filla nacida en marzo de 2015. Separáronse en 2018.

Carreira Mentres estudaba en Oxford participou en diversas obras de teatro. Após debutar na televisión en 2008 na serie Being Human, participou nas pezas de teatro ADN e The miracle, parte dunha triloxía do director Paul Miller no National Theatre. Claire tivo o seu primeiro papel protagonista nunha serie na adaptación da BBC da novela Little Dorrit de Charles Dickens, polo que foi nomeada a un premio RTS.

Nos anos seguintes, participou en series e telemovies británicas como 10 Minute Takes, Going Postal, Pulse e Upstairs, Downstairs. En 2011, debutou no cinema, con Season of the Witch, protagonizada por Nicolas Cage. Ese ano tamén foi unha das protagonistas do filme independente Wreckers, xunto a Benedict Cumberbatch. Ao ano seguinte, volveu ao teatro para interpretar o papel de Lady Macbeth xunto a James McAvoy, quen interpretou a Macbeth na obra homónima.

En 2014, interpretou papeis nas películas Vampire Academy e no debut como director de Jon Stewart, Rosewater, onde interpreta o papel da esposa de Maziar Bahari, interpretado por Gael García Bernal. Ao ano seguinte, interpretou a Ana Bolena na miniserie Wolf Hall da BBC Two. A miniserie, protagonizada por Mark Rylance, gañou o Globo de Ouro á mellor miniserie ou telefilme e o BAFTA á mellor serie dramática. En 2015, participou no filme The Lady in the Van, protagonizado por Maggie Smith.

En 2016, protagonizou o seu proxecto máis destacado: a serie The Crown, emitida en Netflix, interpretando o papel da raíña antes de asumir o trono e nos primeiros anos do seu reinado.

A aclamación que obtivo o seu papel en The Crown abriulle a porta a máis proxectos. En 2018 protagonizou películas como Unsane de Steven Soderbergh, sobre unha muller ingresada involuntariamente nun asilo, filmada integramente cun iPhone e First Man de Damien Chazelle, sobre a vida de Neil Armstrong, interpretado por Ryan Gosling. Nese mesmo ano interpretou a Lisbeth Salander en The Girl in the Spider's Web, a segunda película das adaptacións estadounidenses da serie Millenium de Stieg Larsson.

Filmografía miniatura| Claire Foy en 2017.|380x380px

Cine AnoTítuloPapelNotas2011Season of the WitchBruxa/AnnaWreckersDawnVivaldiJulietta2014Vampire Academy: Blood SistersSonya KarpRosewaterPaola2017BreatheDiana Cavendish2018UnsaneSawyer ValentiniFirst ManJanet ArmstrongIndicada · BAFTA · Critics' Choice Movie Award· Globo de Ouro · Satellite AwardThe Girl in the Spider's WebLisbeth Salander2021The Electrical Life of Louis WainEmily Richardson-WainMy SonJoan Richmond2022Women TalkingSalome

Televisión AnoTítuloPapelNotas2008Being HumanJuliaEpisodio: "Piloto"DoctorsChloe WebsterEpisódio: "The Party's Over"Little DorritAmy Dorrit14 episodios200910 Minute TalesMullerEpisodio: "Through the Window"2010Going PostalAdora Belle DearheartFilme de TVPulseHannah CarterFilme de TVUpstairs, DownstairsLady Persie3 episodios2010–2011The PromiseErin Matthews4 episodios2011The Night WatchHelenFilme de TV2012HacksKate LoyFilme de TV2015Wolf HallAna Bolena6 episodios2016–2023The CrownRaíña Elizabeth IIProtagonista, na 1ª e 2ª temporada. Só en flashbacks a partir da 3ª.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en Stockport Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Nados en 1984