Christian Johann Heinrich Heine, nado en Düsseldorf o 13 de decembro de 1797 e finado en París o 17 de febreiro de 1856, foi un poeta e xornalista alemán. Considerado o "derradeiro poeta do romanticismo" alemán e, a un tempo, o poeta que axudou a superalo.

Contribuíu a dar categoría poética á lingua coloquial, elevou o artigo de xornal e o libro de viaxes á categoría artística e dotou a lingua alemá escrita dunha lixeireza e unha elegancia descoñecidas. Como crítico, xornalista politicamente comprometido, ensaísta, satírico e polemista foi tan admirado coma temido. É un dos poetas alemáns máis coñecidos e traducidos no estranxeiro. Moitos dos seus poemas foron musicados en forma de Lied por importantes compositores, como Franz Schubert e Robert Schumann.

Traxectoria Mocidade a anos de aprendizaxe A data exacta de nacemento de Heine non se pode precisar con total exactitude debido á perda dos rexistros. El falaba de si mesmo humoristicamente como do "primeiro home do século" por nacer o día de aninovo de 1800. Tamén mencionou ocasionalmente 1799 como ano do seu nacemento, se cadra pola admiración que sentía por Napoleón Bonaparte, chegado ó poder ese ano tralo golpe de Estado do 18 de brumario. Segundo os estudos actuais a data de nacemento de Harry Heine, o seu verdadeiro nome, foi o 13 de decembro de 1797.

Foi o máis vello dos catro fillos dun comerciante de panos xudeu ortodoxo, Samson Heine e de Peira (coñecida como Betty) van Geldern. Os seus irmáns foron Charlotte, Gustav, máis tarde Barón Heine-Geldern, e Maximilian, que foi médico en San Petersburgo. Medrou nun ambiente xermanizado e estudou no liceo de Düsseldorf. Comezou a escribir poemas en idade escolar. Deixou o liceo en 1814 sen titulación para inscribirse nunha escola de comercio seguindo a tradición familiar.

Nos anos 1815 e 1816 traballou como aprendiz co banqueiro de Frankfurt Rindskopff. En Frankfurt coñeceu por primeira vez a situación dos guetos xudeus. En 1816 instalouse en Hamburgo para traballar no banco dun seu tío, Salomon Heine. Salomon, un home de negocios de éxito, protexeu sempre a seu sobriño: deulle axuda económica ata a súa morte en 1844 , aínda que non compartía os intereses literarios de Heine.

Heine non amosou ningunha inclinación pola banca, polo que seu tío lle montou un negocio de teas a "Harry Heine & Co.", que de seguida declarou bancarrota. A atracción non correspondida do poeta pola súa curmá Cousine Amalie era outro punto de inquedanza para a familia do poeta.Este amor foi posteriormente estilizado nos románticos poemas de amor do "Buch der Lieder" (Libro das cancións). A situación na casa do tío facíaselle ó poeta cada vez máis incomoda, como describe no poema "Affrontenburg". Finalmente, Salomon Heine decidiu facilitarlle ó sobriño os medios para estudar unha carreira lonxe de Hamburgo.

Estudos en Bonn, Göttingen e Berlín miniatura|180px|dereita|August Wilhelm Schlegel Heine empezou, sen moito interese, estudos de Dereito en 1819 en Bonn No semestre de inverno de 1819-1820 asistiu as leccións sobre lingua alemá e poesía que impartía un dos fundadores do romanticismo, August Wilhelm Schlegel, que influíu poderosamente na primeira época do Heine escritor, aínda que posteriormente escribira con sarcasmo sobre el e sobre outro mestre seu da época, Ernst Moritz Arndt, do que criticou as posturas reaccionarias.

No inverno de 1820 ingresou na universidade de Göttingen, cidade que tivo que abandonar en febreiro do 1821 a causa dun duelo. Heine retara a outro estudante que o insultara por ser xudeu, e ámbolos dous foron apartados da universidade por un semestre.

Heine marchou á universidade Humboldt de Berlín, onde estudou entre 1821 e 1823, recibindo clases, entre outros, de Georg Wilhelm Friedrich Hegel, a quen contestou algún dos seus postulados. Entrou axiña en relación cos círculos literarios berlineses e foi hospede habitual dos salóns literarios de Rahel Levin e Karl August Varnhagen von Ense. Desde Berlín viaxou en 1822 a Posen, onde entrou en contacto por primeira vez cos xudeus xasiditas, polos que sentiu certa admiración, pero cos que non se identificou. En 1823, dous anos antes de converterse ó cristianismo, escribiu o seu amigo Immanuel Wohlwill: "Non teño o valor para deixar barba e que se rían do meu acento".

Bautismo e o Asunto Platen De volta en Göttingen, foille concedido o grao de doutor en Dereito en xullo de 1825. Para mellorar as súas oportunidades como xurista, bautizarase en xuño do mesmo ano en Heiligenstadt tomando o nome de Christian Johann Heinrich. Desde este momento fíxose chamar Heinrich Heine. Perante a familia mirou de conservar en segredo a súa conversión o protestantismo.Indiferente en materias relixiosas, viviu o bautizo coma o seu boleto de entrada na cultura europea. De feito, axiña puido comprobar que para moitos representantes desa cultura os xudeus, conversos ou non, eran difíciles de aceptar coma iguais. Heine, poren, nunca deixou pasar sen resposta o rexeitamento nin o insulto. Unha proba evidente disto é o chamado Caso Platen: o poeta August Graf von Platen atacou a Heine pola súa orixe xudía para impedir que lle deran unha cátedra na Universidade de Múnic. Heine respondeu facendo pública a homosexualidade de Platen, o que provocou o exilio voluntario deste a Italia. As consecuencias dos ataques antisemitas de Platen foron fatais para Heine. O rei Lois I de Baviera fixo que lle retirasen a oferta para ser profesor en Múnic ó que o poeta respondeu cuns versos burlóns.

O caso Platen marcou o fracaso definitivo dos seus intentos de encontrar un traballo como xurista e decidiuno a gañala vida como escritor, e, máis tarde, fíxolle lamentar a conversión ao protestantismo. (Case tódolos biógrafos destacan a importancia da orixe xudía de Heine para o desenvolvemento da súas traxectorias vital e literaria. O crítico Marcel Reich-Ranicki mantén que a emigración de Heine a París foi motivada máis por sentirse rexeitado pola sociedade alemá que por causas políticas).

Primeiros éxitos literarios Publicou os primeiros poemas en 1816 co pseudónimo Freudhold Riesenharf. Xa como H. Heine, deu ó prelo o seu primeiro tomo de poemas en 1821 en Berlín. En 1823 seguírono "Traxedias cun intermezzo lírico", en 1824 apareceu "Trinta e tres poemas" (Dreiunddreißig Gedichte), entre a que estaba a súa obra máis coñecida en Alemaña: "Die Loreley". Ese mesmo ano visitou, durante unha viaxe polo Harz a Johann Wolfgang von Goethe en Weimar, ó que enviara dous anos antes o seu primeiro libro de poemas. A visita foi unha decepción polo actitude distante do autor do Fausto.

En 1826 publicou o libro de viaxes Harzreise (Viaxe polo Harz), o seu primeiro grande éxito editorial e empezou unha relación coa editora hamburguesa "Hoffmann und Campe". Julius Campe foi editor de Heine ata a morte do escritor. En outubro de 1827 viu a luz o Buch der Lieder con poemas de ton romántico e, ás veces, popular, que é aínda hoxe a súa obra máis coñecida.

Heine afastouse logo do ton romántico (falaba de si mesmo coma dun "fuxido do romanticismo", utilizando cada vez máis a ironía e as formas románticas para facer poesía política.

En 1827 e 1828 viaxou a Inglaterra e Italia, o que deu lugar a novos cadernos de viaxe coma "O mar do Norte" (Nordsee), "Os baños de Lucca" (Die Bäder von Lucca) e "Ideas. O libro Le Grand" (Ideen. Das Buch Le Grand), neste último louvaba a Napoleón e os moitos aspectos da Revolución francesa. Desde comezos dos anos 1830, a súa fama espállase por Alemaña e Europa.

Os anos de París Con cada vez máis inimigos, sobre todo en Prusia, polas súas ideas políticas e cada vez máis coartado pola censura Heine marcha en 1831, iniciada xa a revolución francesa de xullo de 1831, a París. So dúas veces no que lle quedaba de vida volvería a ver Alemaña á que, desde o exilio parisiense, recordaba no seu poema “In der Fremde” (No estranxeiro): Eu tiven unha vez unha fermosa patria: Medraban alí altos os carballos, Inclinábanse doces a violetas. Todo era un soño. Bicos en alemán, palabras alemás, (É difícil de crer que ben soaba a frase : “Ich liebe dich”). Todo era un soño . (Ich hatte einst ein schönes Vaterland./Der Eichenbaum/Wuchs dort so hoch,/ die Veilchen nickten sanft./ Es war ein Traum. / Das küsste mich auf deutsch und sprach auf deutsch/(Man glaubt es kaum/ Wie gut es klang) das Wort: „Ich liebe dich!“/ Es war ein Traum.)

En 1833 a publicación dos seus libros foi prohibida en Prusia e en 1835 en tódolos estados membros da Unión Alemá, prohibición que compartiu cos poetas membros do grupo poético da “Jungen Deutschland”. En opinión do “Bundestag” da Unión alemá estes poetas atacaban nos seus textos a relixión cristiá, a orde establecida, a moral e a disciplina. Heine tiña desde 1832 unha fonte de ingresos como correspondente do xornal “Augsburger Allgemeinen Zeitung”. Os artigos que publicou nese xornal foron recollidos o ano 1833 no libro de “Französische Zustände” (Situacións francesas). Nese mesmo ano maniféstanse os primeiros síntomas de enfermidade que nos seus últimos tempos o tería oito anos na cama. Nesa época entrou en contacto co socialista utópico Prosper Enfantin, e cos membros máis importantes da vida cultural francesa e alemá residentes en París: coma Hector Berlioz, Ludwig Börne, Frédéric Chopin, George Sand, Alexandre Dumas e Alexander von Humboldt. Nos seguintes anos Heine escribiu moito: ensaios, artigos sobre política, poemas e textos en prosa de temática variada. En escritos coma os “Französische Zustände” intentou achegar a alemáns e franceses. Heine detectou antes cá moitos dos seus contemporáneos certas tendencias destrutivas no nacionalismo alemán, non baseado, coma o francés, na idea de democracia e soberanía populares. O poeta presentiu a carga de xenofobia do nacionalismo conservador e algunhas das súas análises teñen un ton case profético: “O cristianismo(...) moderou o carácter guerreiro dos xermanos, mais non o destruíu, e cando o talismán *adoumador da cruz se destrúe aparecede novo o salvaxismo dos vellos guerreiros.(...) O pensamento precede ó feito coma o lostrego ó trono. O trono alemán é tamén un alemán, non e flexíbel e no apura a retumbar; mais acabara polo facer e unha vez ha estalar como nunca o fixo en toda a historia do mundo: alcanzará entón o seu obxectivo. Con ese estoupido caeran as aguias do ceo e, nos afastados desertos de África, os leóns arrastraranse ós seus tobos. En Alemaña representarase unha obra que far que a revolución francesa pareza un idilio.” miniatura|180px|dereita|Mathilde Heine, Fotografía de 1860 Traballos importantes desa época foron “Die romantische Schule” (A escola romántica) de 1836, o fragmento de novela Der Rabbi von Bacherach (O rabino de Bacherach) de 1840 e o memorando sobre Ludwig Börne, tamén de 1840, no que reacciona ás acusacións dun antigo amigo de traizoar as metas da revolución e de moverse por oportunismo e sen principios. O traballo publicouse despois da morte de Borne o que non foi ben recibido polos lectores. Ademais atacábase nel a Jeanette Wohl, o que provocou un duelo a pistola co home desta. Xa antes destes sucesos se casara Heine en 1841 coa vendedora de zapatos Eugenie Crescentia Mirat a que coñecía dende 1834. Moitos dos amigos do poeta non comprenderon esta decisión. Heine, por contra, valoraba que a súa muller non falara unha palabra de alemán e mesmo non fora consciente de estar casada cun importante poeta. Heine viaxou dúas veces a Alemaña en 1843 e 1844 para visitar a súa mai e presentarlle á súa muller. Durante estas viaxes coñeceu a Karl Marx co que traballaría na revista “Vorwärts!” (Adiante). A mediados dos anos 1840 publica “”Atta Troll” e “Deutschland. Ein Wintermärchen” (Alemaña. Un conto de inverno”), onde comenta as situacións social, relixiosa e estatal alemás desde puntos de vista preto dos de Marx. Os seus “novos e mellores poemas” son editados co título de Neue Gedichte (Novos poemas) en 1844.

Heine e o marxismo