miniatura|Presentación de "Canto popular gallego. Luís María Fernández Espinosa" no Convento de San Francisco de Pontevedra Manuel Rico Verea, nado en Boimorto en 1948, é un mestre, musicólogo e escritor galego. Traxectoria Estudou o bacharelato e cursos de Filosofía no Seminario de Herbón e nos franciscanos de Santiago de Compostela e maxisterio na Escola Pablo Montesinos de Madrid. Exerceu a docencia en Madrid e en Euskadi ata 1978, que volveu a Galicia. Comprometeuse coa normalización da lingua galega cunha actividade de creación, investigación e publicación de obras sobre a lingua e a literatura galegas e da música tradicional, orientándose á aplicación pedagóxica. Traballou na inspección educativa, na subdrección xeral de Política Lingüística (1983-85) e desde 1988 ata a xubilación en 2011, como xefe do Gabinete de Normalización Lingüística da Consellería de Educación na Coruña.

Así mesmo, é tradutor, coordinador de coleccións literarias (“Contos da media lúa” de Algaida, e o “Trasniño verde” da editorial Anaya) e de suplementos culturais. Formou parte do grupo musical A Quenlla e dirixiu o obradoiro de música tradicional con Nani García.

Obra

A pulguiña e o pulgón (1981). A Coruña: Citola. Cantares (1981). Barcelona: Editorial Casals. O noso galego 4 (1986). Con Carme López Taboada. Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 9788475071510. Imos canta-los nadais (1987). Vigo: Galaxia. Cancioneiro popular das terras do Tamarela (1990). Vigo: Galaxia. ISBN 9788471546869. Arrolín, arrolán "con novas cancións e orientacións didácticas" (1994). Con Uxía Casal. Ed. Fontel. 89 páxs. ISBN 9788487951251. Tamén en Sons Galiza. Tantarantán, tarantán, tarantiña. Recitativos e outras lerías de tradición oral (1994). Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-1048-9. Vente vindo, ven cantando, cancioneiro escolar galego (1996). A Coruña: Ed. Fontel. 144 páxs. ISBN 9788487951640. Cantos de Berce. Proxecto do Taller experimental de música tradicional (2001). A Coruña: Galinova A abella trebella. Proxecto de educación infantil (2005). Barcelona: Editorial Casals. Educación primaria. En liña. Cursos de 1º a 6º v.galega (2006). Madrid: Editorial Anaya. Panchiño o canciño. Música para libro didáctico infantil (2008). Barcelona: Editorial Casals. A gata Renata. Música para libro didáctico infantil (2008). Barcelona: Editorial Casals. O rato Tato. Música para libro didáctico infantil (2008). Barcelona: Editorial Casals. Eu non canto por cantar (2014). Con Antón Santamarina. A Coruña. Editado e distribuído por Gadis. Cantos de berce (con partituras) (2015). A Coruña. Editado e distribuído por Gadis. Heiche cantar un conto, cancioneiro infantil de tradición oral de Galicia, con partituras (2016). A Coruña Editado e distribuído por Gadis. Eu ben vin, virivín. Cancioneiro infantil para dicir, contar e cantar (2018). Vigo: Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9121-408-3. Por que non hei de cantar? (2025). Real Academia Galega.

Edición Canto popular gallego de Luís María Fernández Espinosa (2024). Santiago: El Eco Franciscano. ISBN 9878409621187.

Premios

1985: Premio do Ministerio de Cultura ao mellor labor cultural continuado no ano 1985. 1987: Premio do Ministerio de Cultura ao mellor programa radiofónico no ano 1987. 1989: Premio Xunta de Galicia de xornalismo polo mellor programa musical do ano 1989, que se emitiu en Radio Nacional de España en Galicia.

Notas

Categoría:Nados en Boimorto Categoría:Nados en 1948 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Musicólogos de Galicia Categoría:Profesores de Galicia