Sigmar Polke, nado en Oleśnica (Baixa Silesia) o 13 de febreiro de 1941 e finado en Colonia o 10 de xuño de 2010, foi un pintor alemán e fotógrafo posmoderno, dentro da arte pop.Sigmar Polke (Inglês)

Traxectoria Polke naceu en Oels, na Baixa Silesia. Emigrou coa súa familia a Alemaña Occidental en 1953, viaxando primeiro a Berlín Occidental e despois a Düsseldorf. Traballou como aprendiz de pintura sobre vidro nun taller de Kaiserwerth (Düsseldorf). De 1961 a 1976 estudou na Academia de Arte de Düsseldorf, onde foron os seus profesores Karl Otto Götz, Gerhard Hoehme e Joseph Beuys.

En 1963 fundou, con Gerhard Richter e Konrad Lueg, o realismo capitalista, unha tendencia pictórica dentro da arte pop. Era un estilo antiarte que se apropiaba da linguaxe da publicidade. Este título está relacionado co realismo socialista, a doutrina artística oficial da Unión Soviética. Trata de forma irónica a doutrina artística do capitalismo occidental, vencellada á sociedade de consumo.

As súas obras son o reflexo irónico da manipulación dos medios. Emprega elementos da pintura moderna pero tamén da cultura de masas, como o kitsch ou a publicidade. Realizou cadros nos que, cun tratamento espacial, cambian de cor cando reaccionan á contaminación ambiental. A partir de 1965 realiza variacións de obras de autores como Albrecht Dürer ou Wassily Kandinsky, imitacións de obras d`arte povera e conceptuais. En 1991 creou a súa serie Neue Bilder (New Images).

O elemento anarquista da súa obra débese en gran medida ao enfoque mercurial. A súa irreverencia cara ás técnicas pictóricas tradicionais e os seus materiais e a súa falta de lealdade a calquera forma de representación contribuíron á súa reputación como revolucionario visual.

Polke iniciou unha serie de viaxes polo mundo ao longo dos anos 70, facendo fotografías en Paquistán, París, Nova York, Afganistán e Brasil.

Foi profesor na Escola de Belas Artes de Hamburgo en 1970-1971 e 1977-1991. Traballou na documenta de Kassel V-VII (1972-1982).

En 1987 instalouse en Colonia, onde traballou ata a súa morte en 2010, por complicacións dun cancro.

Notas

Categoría:Pintores de Alemaña Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Pintores do século XX Categoría:Pintores do século XXI Categoría:Fotógrafos de Alemaña