miniatura|Tumba de Moraima e Celso Emilio Ferreiro.
Moraima é un nome propio feminino galego. A súa orixe é o árabe مُرَيْمَةَ, posiblemente como unha variación de Maryam, que tamén é a orixe do nome María.
En xaneiro de 2023 existían 39 mulleres en Galicia co nome Moraima, cunha media de idade de 25,7 anos.Nome Moraima na Web do Instituto Galego de Estatística
Tradición Moraima era o nome da última raíña de Granada, a muller de Boabdil. En Galicia coñécese polo nome da muller de Celso Emilio Ferreiro, a quen lle dedicou un poema.Ferreiro, C. E. Onde o mundo se chama Celanova, Xerais, pp. 118-119.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega
Categoría:Nomes femininos de orixe árabe Categoría:Nomes femininos galegos