miniatura|A Virxe María, por Albrecht Dürer.
María é un nome propio feminino galego. Esta forma escrita é común co aragonés e co castelán. A súa orixe é o hebreo מרים Mīryām, adaptado ao grego como Μαριάμ Mariám ou María e ao latín como Maria.
En xaneiro de 2023, existían 36.711 mulleres en Galicia co nome María, cunha media de idade de 57,4 anos."María" na web do Instituto Galego de Estatística.
Etimoloxía A etimoloxía deste nome é froito de debate, chegándose a propoñer multitude de orixes e equivalencias.elalmanaque.com Na súa forma hebrea, Míriam está testemuñado no libro bíblico do Éxodo (posto por escrito contra o século -VI) como o nome da irmá de Moisés e Arón. A forma orixinal é claramente Mír-yam, mais de acordo coa lei de Philippi, un /i/ tónico en sílaba trabada dá lugar a /a/, de onde deriva por exemplo a forma aramea Maryam e de aí as formas grega, latina e árabe.
Variantes de María En galego tamén ten as variantes Marisa, Maribel, Malena, Maica, Marián, Maite e Maruxa e gran cantidade de hipocorísticos Marica, Maruca, Miúca, Maúca, Mari, Maricha, Maica, Maca (con Carme), Marián (con Amparo, Antonia, Anxos), Mariló, Malores, Madó (con Dores), Malena (con Helena), Maribel, Mabel (con Isabel), Mariluz (con Luz), Marió (María do O), Marisol (con Sol), Marité, Maite (con Tareixa), Mariví (con Vitoria), Chus, Chusa (de María Xesús), Marisé (María Xosé) ou Marisa (María Luísa) etc.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Virxe María Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega
Categoría:Nomes femininos de orixe hebrea Categoría:Nomes femininos galegos Categoría:Nomes femininos aragoneses Categoría:Nomes femininos casteláns