En teoría musical e harmonía, dó maior (con abreviatura no sistema europeo dó M e no sistema americano ou sistema de cifras C, en alemán C-dur) é a tonalidade que consiste na escala maior baseada na nota dó (ou nota tónica C), é dicir, é un conxunto de notas organizadas nunha secuencia gradual de alturas, que contén as notas dó - re - mi - fa - sol - la - si (en notación americana C- D - E - F - G - A - B), e a súa armadura non contén alteracións (sen díeses e sen bemois) seguindo o modelo estrutural (ou estrutura de intervalos) do modo maior (que ten cinco intervalos de tons e dous intervalos de semitóns entre notas). A súa tonalidade relativa é la menor (o VIº de dó M) e a súa tonalidade paralela é dó menor.

Dó Re MiFa Sol La Si Dó V V V V V V V ton ton semitón ton ton ton semitón No piano a escala de dó Maior non se toca nas teclas negras, polo que se denomina "escala de tecla branca". Os compositores escolleron dó maior como clave de pezas que abren formas cíclicas, como: ciclos de preludios, fugas, invencións e estudos.

Escala relativa A escala relativa da escala maior é a escala menor que parte da sexta nota (grao VI) da escala de Dó Maior, neste caso trátase de La menor; como estes teñen a mesma armadura de tonalidade (as mesmas alteracións díeses e bemois) e as mesmas notas, denomínanse "escalas equivalentes enharmónicamente".

Harmonía

Graos harmónicos

Na harmonía e teoría musical, cada grao da escala recibe un nome segundo a súa función: GraoNomeNotaFunciónITónicadó (C)1Tdetermina a tonalidade da música e presentada no final dela, nota de menor tensión con función de repouso natural ou sensación de finalización.IISupertónicare (D)1Tencima da tónica, dúas funcións resolutivas: en dirección á tónica, ou en dirección á mediante. Grao que substitue a subdominante.IIIMediantemi (E)1stgrao intermediario formando unha terceira coa tónica e a dominante. Como a subdominante, é unha nota modal, que determina se está no modo maior ou modo menor.IVSubdominantefa (F)1Tabaixo da dominante. Ten función de afastamento, con sentido medio-inestábel, unha forma intermediária sen a estabilidade da tónica e sen a angústia da dominante.VDominantesol (G)1Tquinto grao a partir da tónica. entre a subdominante e a superdominante. Ten a función de tensión para a entrada da tónica, coa estabilidade.VISobredominantela (A)1Tencima da dominante. grao intermediário (forma intervalo de terceira) entre subdominante e tónica superior. Ten función feble e, pode substituír a tónica.VIISensívelsi (B)1stsubtónica, cando o intervalo coa tónica superior é dun ton (escala menor natural); sensíbel cando o intervalo coa tónica superior é dun semitón (escala maior, escala menor harmónica e escala menor melódica)

Acorde O acorde musical básico, tamén chamado tríade, é un conxunto harmónico formado por tres notas musicais (ou graos harmónicos) da escala en cuestión (que realizan funcións específicas estudadas pola Harmonía Funcional), onde as notas se denominan tónicas (I), mediante (III) e, dominante (V); caracterizado por ter dous intervalos de terceiras que comezan na nota tónica.

A tríade de dó M está formada por:

Tónica: (I grao) nota dó (C) 132 Hz Mediante: (III grao) nota mi (E) 165 Hz Dominante: (grao V) nota sol (G) 198 Hz

centro|conmarco| O acorde da tríade C: dó - mi - sol. +

Instrumentos Dó maior é unha das teclas máis utilizadas na música. Unha arpa afinada en do maior ten os seus pedais na posición central.

A maioría dos exercicios para principiantes de piano son en dó maior, xa que as teclas brancas do instrumento corresponden ás notas da escala de do maior. permitindo así traballar coas teclas brancas, para as que a tonalidade tamén se asocia coa aprendizaxe do piano.

Aínda así, o compositor Frédéric Chopin considerou esta escala a máis difícil de tocar, e tendeu a traballar nela máis tarde cos seus alumnos. Considerou que o máis doado era si maior, porque a posición das notas brancas e negras encaixaba mellor coas posicións naturais dos dedos, comezando con isto o estudo do piano.

Composicións Sinfonías núm. 30, 82 e segundo movemento 94, - Joseph Haydn Sinfonías núm. 36. e num. 41 "Xúpiter", KV. 551 - Mozart Sinfonía núm. 1 , Opus 21, cuarto movemento e final da Sinfonía núm. 5, Opus 67, a sonata para piano núm.21 ou Waldstein - Beethoven Sinfonía núm.9, "Grande", D. 944 - Schubert Sinfonía núm. 2 -Schumann Opera Die Meistersinger von Nürnberg (a abertura e outras partes) - Wagner Sinfonía en dó - Bizet Sinfonía núm. 7, Op. 105 - Sibelius

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Acorde. Escala maior. Ligazóns externas MuseScore

Categoría:Música Categoría:Escalas musicais