Tristán é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co aragonés e co castelán. A súa orixe é un nome literario, derivado da lenda céltica de Tristán e Iseu, que forma parte do ciclo do rei Artur. Difundiuse a través do francés antigo.
En xaneiro de 2023 existían 154 varóns en Galicia co nome Tristán, cunha media de idade de 11,6 anos.Nome Tristán na Web do Instituto Galego de Estatística
Historia do nome En Galicia, este nome tivo certa presenza entre os membros da nobreza ata finais do século XV, como Tristán de Montenegro. Logo do sínodo de Ourense de 1544 o seu uso foi esmorecendo xa que se favorecía o bautismo de nomes de santos.
O nome popularizouse de novo logo da estrea da ópera Tristan und Isolde (1859) do alemán Richard Wagner.
Tristán noutras linguas Alemán: Tristan Aragonés: TristánEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Bretón: Trestan / Tristan Castelán: Tristán Catalán: Tristany Éuscaro: Tristan Francés: Tristan Inglés: Tristam Italiano: Tristano Portugués: Tristão
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Iseu (nome) Tristán e Iseu Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes masculinos de orixe celta Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos aragoneses Categoría:Nomes masculinos casteláns