Cee é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2020 tiña 7.550 habitantes.
Xeografía
esquerda|miniatura|200px|Vista xeral do porto de Cee dende Corcubión.
O concello esténdese entre a abrupta costa setentrional, onde se abre a ría de Lires e a regardada ría de Corcubión á que se asoma polas enseadas de Sardiñeiro e Cee.
As maiores altitudes localízanse no límite oriental con Dumbría (Alto de Montemaior 405 m, Monte de San Pedro 370 m) e no sector central, alto de Toba 305 m, desde onde o relevo descende bruscamente cara á plataforma litoral, estreita e sinuosa, onde se localiza a poboación.
A rede hidrográfica está organizada en dúas concas, a meridional fórmana os ríos Cee e Brens que desembocan na ría de Corcubión e a setentrional, os ríos Castro e Lires, que verten na ría de Lires.
O municipio ao asomarse ao mar por tres fragmentos de costa separados ofrece unha paisaxe variada: a ría de Lires no noroeste, a praia de Estorde na enseada fisterrán e a beira oriental da ría de Corcubión, desde a vila de Cee ata a enseada de Ézaro. Pese a atoparse dentro da chamada Costa da Morte estes tres tramos ofrecen características diferenciadas, de acordo coa súa posición nunha zona de transición entre as Rías Altas e as Baixas, onde hai praias de augas tranquilas, moi frecuentadas no verán.
Demografía Censo total 2020 7550 habitantes Menores de 15 anos 984 (13.03 %) Entre 15 e 64 anos 4624 (61.25 %) Maiores de 65 anos 1942 (25.72 %)
Toponimia O topónimo Cee podería vir dun hidrónomo prerromano céltico-galaico cunha raíz indoeuropea *kei‑ co significado de ‘augas en movemento’ segundo documenta Edelmiro Bascuas e viría dun medieval Cea ou Ceia como se atopa nun documento de 1178 como villas de Ceia in Nemancis. Outra hipótese menos probábel baséanse no seseo do topónimo, polo que See derivaría dunha forma latina sinus ‘seo’ (palabra que aínda se utiliza na actualidade polos mariñeiros para designar unha enseada)Artigo sobre Cee no Portal das Palabras da RAG..
O xentilicio é «», mais o catedrático da UVigo Xosé-Enrique Costas González sinala que é unha creación cultista relativamente recente. Recolle as formas «ceés/ceesa» e aclara que a forma culta sería «sedense» e non «ceense», sendo esta última a que máis prestixio acadou nas últimas décadas e practicamente a única en uso pola poboación local.
Historia Hai abondosa documentación sobre Cee no século XVI, momento en que tiña moita importancia a pesca, especialmente a de cetáceos. Foi entón cando se construíu a igrexa parroquial, de estilo gótico tardío. O templo foi reconstruído logo da desfeita provocada polos franceses na Guerra da Independencia Española, conservando algunhas partes da edificación primitiva.
Cultura miniatura|Factoría de Caneliñas Patrimonio arquitectónico Museo Fernando Blanco castelo do Príncipe, en Castelo do Príncipe, A Ameixenda factoría baleeira de Caneliñas, en Caneliñas, A Ameixenda
Economía XEAL
Galería de imaxes Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Cee
Parroquias
Lugares de Cee Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cee vexa: Lugares de Cee.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Eleccións municipais en Cee
Ligazóns externas www.cee.gal
* Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía