Arsenio Avak-Wartan-Angiarakian, nado o 23 de novembro de 1812 en Constantinopla e finado o 8 de abril de 1875, foi un eclesiástico católico armenio, bispo de Tokat, e padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro. Traxectoria Naceu o 23 de novembro de 1812 en Constantinopla nunha familia nobre, que sufriu o exilio pola súa fe. En 1826 ingresou no mosteiro dos antonianos armenios no Líbano, e posteriormente continuou os seus estudos na Universidade de Roma La Sapienza. Foi ordenado sacerdote en Roma o 2 de setembro de 1832; exerceu o seu ministerio entre os orientais desta cidade, encargándose da formación dos candidatos ao sacerdocio. Elixido abade, foi procurador en Roma da súa orde, intérprete pontificio, profesor de lingua armenia e consultor da Congregación para a Propagación da Fe; posteriormente foi elixido polo patriarca greco-melquita como o seu procurador. En 1845 foi nomeado consultor da Congregación para a Corrección dos Libros das Igrexas Orientais. Publicou un ensaio histórico en Roma en 1857 sobre a cidade e sé episcopal de Edesa.

O 10 de setembro de 1858 foi elixido e nomeado bispo de Tokat, trasladouse ao Líbano e foi consagrado o 15 de agosto do ano seguinte polo patriarca Gregorio Pedro VIII. O seu pontificado foi complicado e, gravemente enfermo, pediu a renuncia en varias ocasións, que lle foi concedida o 4 de xullo de 1865; de volta en Roma, o 21 de xullo foi nomeado arcebiso titular de Tarso. Foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.

Obra

Notas

Categoría:Nados en 1812 Categoría:Nados en Istanbul Categoría:Finados en 1874 Categoría:Relixiosos católicos de Turquía Categoría:Antonianos armenios Categoría:Bispos católicos de Turquía Categoría:Arcebispos da Igrexa católica armenia Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Primeiro Categoría:Personalidades sen imaxes