miniatura| Mural en homenaxe á obra situado en Pamplona (2022). Soldado republicana en Barcelona, tamén coñecida como Miliciana republicana en Barcelona, é unha fotografía de Gerda Taro. Foi tomada en 1936, ao comezo da guerra civil española.

Tras anos de esquecemento, a fotografía converteuse en icona mundial do compromiso das mulleres na guerra civil española.

Presentación esquerda|miniatura|160x160px|A fotógrafa Gerda Taro, autora da instantánea. A fotografía mostra unha miliciana republicana axeonllada no chan cun revólver durante un adestramento na praia de El Somorrostro de Barcelona, no barrio de La Barceloneta. Foi publicada por primeira vez no semanario francés Vu.

Cun formato cadrado de 6 x 6 cm, a foto foi tomada coa Rolleiflex coa que Gerda Taro cubriu a guerra civil española en Cataluña.

Escenario da fotografía A praia de El Somorrostro, lugar onde se tomou a instantánea, atópase fronte o Hospital del Mar. O centro sanitario barcelonés colleu sona polo filme Todo sobre mi madre de Pedro Almodóvar (1999).

O recinto, histórico no mundo da arte e da historia da guerra civil española, atópase adxacente ao Port Olímpic de Barcelona, nas inmediacións da escultura El Peix do arquitecto canadense Frank Gehry.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Historia da fotografía

Categoría:Obras sobre a guerra civil española Categoría:Fotografía en España Categoría:Historia de España do século XX Categoría:Fotografías