A Universidade de Córdoba (UCO) é unha institución pública de educación universitaria que se atopa na cidade de Córdoba, España. Creada en 1972, afunde as súas raíces a través da súa Facultade de Veterinaria no século XIX. Oferta estudos de grao e posgrao en humanidades, ciencias sociais, ciencias da saúde, ciencias naturais e enxeñaría.
Historia Fundada en 1972, afunde as súas raíces na Universidade Libre que funcionou na provincia a finais do século XIX e contaba con estudos centenarios como os de Veterinaria, únicos en Andalucía.
Os estudos da UCO van dende as Humanidades e as Ciencias Xurídico-Sociais ás Ciencias da Saúde e as carreiras científico-técnicas, tres áreas que se corresponden coa súa estruturación en tres grandes campus: o xurídico social, integrado no centro urbano; o da Saúde, ao oeste da capital, e o agroalimentario, científico e técnico de Rabanales, na área leste. Ademais, a UCO conta coa Escola Politécnica de Belmez, situada a sesenta quilómetros da capital cordobesa.
O campus de Rabanales concentra boa parte da produción científica da Universidade, situada á vangarda da investigación na comunidade autónoma andaluza e entre as institucións investigadoras máis relevantes a nivel nacional.
A Universidade de Córdoba preside o Campus de Excelencia Internacional Agroalimentario (ceiA3). miniatura|Facultade de Medicina e Enfermaría. miniatura|Facultade de Filosofía e Letras.
Información académica
Organización
Campus Universitario de Rabanales
Facultade de Veterinaria Escola Técnica Superior de Enxeñaría Agronómica e de Montes (ETSIAM) Facultade de Ciencias Escola Politécnica Superior de Córdoba (EPSC)
Campus de Menéndez Pidal
Facultade de Medicina e Enfermaría Facultade de Ciencias da Educación e Psicoloxía Facultade de Ciencias do Traballo
Campus Centro
Facultade de Dereito e Ciencias Económicas e Empresariais Facultade de Ciencias do Traballo Facultade de Filosofía e Letras Escola Universitaria de Maxisterio Sacro Corazón (centro adscrito)
Campus Provincia Escola Politécnica Superior de Belmez Centro Universitario Fisidec de Cabra Centro Universitario de Desenvolvemento Agroalimentario dos Pedroches en Pozoblanco Centro de Desenvolvemento Universitario de Lucena
Publicacións A universidade publica diversos libros e revistas a través da súa editorial, UCOPress.
Centros de investigación A Universidade de Córdoba conta cos seguintes centros de investigación:Centros de Investigación , páxina da Universidade de Córdoba. (Consultado o 14 de marzo de 2009).
Centro de Documentación Europea Centro Experimental Andaluz de Sanidade Animal (CEASA) Hospital Clínico Veterinario Rede Española de Aerobiología Hospital Universitario Raíña Sofía Xardín Botánico de Córdoba Instituto Andaluz Interuniversitario de Criminología (IAIC). Centro Andaluz de ApiculturaEl Centro Andaluz de Apicultura, una década de I+D a medida para el sector Instituto Maimónides de Investigación Biomédica de Córdoba (IMIBIC), xunto ao Hospital Universitario Raíña Sofía e a Xunta de Andalucía Instituto Químico para a Enerxía e o Medio (IQUEMA)
Reitores Os reitores da Universidade de Córdoba dende a súa fundación en 1972 foron:Universidad de Córdoba, artigo de Cordobapedia, publicado en castelán baixo a licenza GFDL. (Consultado o 15 de marzo de 2009).
Francisco Castejón Calderón (1972 - 1977) Alberto Losada Villasante (1977 - 1981) José Peña Martínez (1981 - 1984) Vicente Colomer Viadel (1984 - 1990) Amador Jover Moyano (1990 - 1998) Eugenio Domínguez Vilches (1998 - 2006) José Manuel Roldán Nogueras (2006 - 2014) José Carlos Gómez Villamandos (2014 - 2022) Manuel Torralbo Rodríguez (desde 2022)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web da Universidade de Córdoba