A Praia de Pantín sitúase na parroquia de Pantín no concello de Valdoviño. Nela celébrase unha proba do Campionato do Mundo de Surf, o Pantín Classic.

A praia polas súas condicións de vento e ondas é moi empregada para deportes náuticos como o surf con ondas de ata cinco metros. A praia tamén se coñece como praia do Rodo, pola localidade na que está e que tamén dá nome ao castro do Rodo situado nun dos extremos da praia.

Galería de imaxes

Véxase tamén Pantín Classic Ligazóns externas Pantin Classic Localización Google Maps

Pantin