A lingua atsina ou gros ventre (tamén coñecida como aaniiih, ananin, ahahnelin, ahe, a'ani e ), é a lingua ancestral do pobo atsina, o cal habita no que hoxe é Montana, os Estados Unidos de América. O derradeiro falante nativo da lingua morreu no ano 2007, mais existen programas de revitalización lingüística e unha comunidade pequena de falantes como segunda lingua. Segundo datos de 2009-2013 tiña 45 falantes autoidentificados. O atsina está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Linguas algonquinas Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Revitalización de linguas nativas americanas