Vielha é a capital do Val de Arán e tamén capital do concello de Vielha e Mijaran, na provincia de Lleida (Cataluña). Este concello constituíuse en 1970 trala fusión de varias localidades próximas. O seu nome en aranés significa vella, nome que se daba á vila principal dun val nos Pireneos occitanos, que adoitaba ser a máis antiga.
Demografía Con 3628 habitantes en 2023, Vielha acolle máis dun terzo da poboación do Val de Arán. É ademais o centro comercial e de servizos do val.
Notas
Categoría:Vielha e Mijaran