120px 120px 120px 120px 120px 120px 120px 120px 120px 120px 120px 120px 120px 120px 120px 120pxCARTA GEOMETRICA D E Galicia [...] Levantada y construida en la escala de cienmilesimo POR EL DOCTOR D. DOMINGO FONTAN, [...] AÑO DE 1834
160px 160px 160px 160px 160px 160px 160px 160px 160px 160px 160px 160pxCARTA GEOMETRICA D E G A L I C I A Dividida en sus Provincias de Coruña, Lugo, Orense, Pontevedra; y subdividida en Partidos y Ayuntamientos: PRESENTADA EN 1834 [...] LEVANTADA Y CONSTRUIDA EN LA ESCALA DEL CIENMILESIMO POR EL DR. D. DOMINGO FONTAN, [...] Grabada bajo la dirección del Autor en 1845
A Carta geométrica de Galicia dividida en sus provincias…, coñecida popularmente como Carta xeométrica de Galicia, é un mapa físico de Galicia, obra de Domingo Fontán, que cobra especial relevancia por ser o primeiro da historia do país realizado con medicións matemáticas.
Elaboración Animado por José Rodríguez González, Domingo Fontán investiu na carta dezasete anos da súa vida, entre 1817 e 1834. Esta obra foi o primeiro mapa topográfico e trigonométrico feito en calquera dos territorios de España con métodos científicos e medicións matemáticas, é dicir, medición de bases, triangulación, altimetría barométrica e outros.
Para cartografar Galicia aproveitou os avances científicos, chegados sobre todo de Francia, e estableceu unha rede xeodésica, establecendo diversos puntos de medición e realizando neles todo tipo de cálculos astronómicos, para o que empregou instrumentos cedidos pola Universidade de Santiago de Compostela e adquiridos en París e Londres.
Datos e metodoloxía Tomou como punto cero a torre da Berenguela, na catedral compostelá. En 1817 iniciou os traballos da carta, realizada a unha escala 1:100 000, pero ata 1830 non obtivo o apoio oficial para redactala. Nese momento quedou exento de impartir clases na Universidade de Santiago. Para realizar esta carta tivo que percorrer a pé e de a cabalo toda Galicia. Nela aparecen localizadas as 4 000 igrexas das parroquias galegas, que até daquela non foran catalogadas. Amais recóllense tódolos accidentes xeográficos importantes, acadando un nivel de detalle que non foi superado ata a aparición da cartografía por satélite.
Impresión En 1834 rematou os traballos da carta e presentoulla á raíña María Cristina, que deu orde de imprimila. Non obstante, ata 1845 non foi posible a súa impresión no prelo, que ao cabo se houbo de realizar en París, baixo a dirección do propio Fontán, e a cargo do francés L. Boufard. O gravado fíxose en doce pedras calcarias, unha por cada folla. En conxunto o mapa mide 251 × 232 cm.
En 1849 ía levarse a cabo unha segunda tiraxe, de 550 exemplares, que custeou o propio Fontán. Porén, o Secretario do Ministerio do Interior, Vicente Vázquez Queipo, ordenou en novembro dese ano a anulación da segunda tiraxe, ao entender que Fontán incumprira o contrato ao non dar a coñecer o traballo de triangulación. Ordenouse que as pedras se depositasen na Embaixada de España en París. Fontán foi a Madrid para solucionar o problema, e en marzo de 1850 Ramón de la Sagra remitiu desde París 200 exemplares, incluíndo un impreso en rústica coas instrucións para o encadernado. Esas 200 copias chegaron á Coruña en xuño de 1850, e en decembro chegaron outros 300 exemplares. Porén, o goberno acaparou case por completo os 1 100 exemplares que se chegaron a estampar, se ben Domingo Fontán enviara desde París por Bordeos varias copias para agasallar a amizadesBiografía de Fontán na páxina web da Fundación Domingo Fontán ..
Legado O escritor Ramón Otero Pedrayo posuía un orixinal do mapa, que se conserva na casa-museo de Trasalba e que menciona na súa novela Arredor de si. Amais Otero Pedrayo levou outro exemplar ao Centro Gallego de Buenos Aires en 1947. Tamén hai exemplares no Museo Arqueolóxico Provincial de OurenseO Mapa de Fontán. Peza do mes, xaneiro 2017 Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense., o Museo Provincial de PontevedraCarta geométrica de Galicia , no Catálogo do Museo de Pontevedra ., o Parlamento de GaliciaO pazo do Hórreo , información na páxina web do Parlamento de Galicia., a Real Academia Galega, na Casa da Cultura do concello de Neda, o Consello da Cultura Galega, a Fundación Penzol, a Universidade de Santiago de CompostelaVíctor Freixanes: "O mapa de Fontán" , La Voz de Galicia, 27/6/2010., a Biblioteca de GaliciaCarta geométrica de Galicia dividida en sus provincias… en Galiciana., o Pazo de Tor de Monforte de LemosEncarna Lago: "Mapa de Fontán do Pazo de Tor", 4/1/2010., o periódico La Voz de GaliciaSantiago Rey Fernández-Latorre: «Galicia es mi único compromiso», La Voz de Galicia, 17/1/2011 ., a Real Academia da HistoriaCarta geométrica de Galicia… na Real Academia de la Historia , o Museo NavalCarta geométrica de Galicia do Museo Naval., o mosteiro de PoioLópez Penide "El monasterio de Poio saca a la luz los secretos de su biblioteca", en La Voz de Galicia, 4/2/2018. a Bibliothèque du Roi (Bibliothèque nationale de France)Carta geométrica de Galicia da Bibliothèque du Roi.. Outro exemplar, propiedade da Deputación de Lugo, consérvase no IES Lucus Augusti"O mapa de Fontán permanecerá dous anos máis no Instituto Lucus Augusti cedido pola Deputación" , Deputación de Lugo, 12/1/2012..
A Carta aparece nomeada na novela O trasmundo de Antioquía, de Rafael Laso Lorenzo, e protagoniza a novela Fontán de Marcos Calveiro.
Galería de imaxes
Notas miniatura|Reportaxe sobre o mapa de Fontán en Nós TV.
Véxase tamén
Bibliografía
.
Outros artigos Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar Mapa Topográfico Nacional
Ligazóns externas 20px As causas das cousas, capítulo de Historias de Galicia, na TVG. Suso de Toro: "Domingo Fontán, matemático sublime" El País, 1/4/2011. Vitor Hugo Brandalise: El primer rostro de Galicia La Voz de Galicia, 2012 . Versión dixitalizada en alta resolución da Carta Xeométrica de Galicia (ficheiro ECW (Enhanced Compression Wavelet), formato propietario) Copia dixital en Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia
Categoría:Patrimonio moble de Galicia Categoría:Cartografía de España Categoría:Século XIX en Galicia Categoría:1845 Categoría:Matemáticas en Galicia