O Complexo do Capitolio Chandigarh, situado no sector-1 da cidade de Chandigarh na India, é un complexo gobernamental deseñado polo arquitecto e urbanista francés Le Corbusier e está declarado Patrimonio da Humanidade, agregado á Lista da UNESCO en 2016.
Esténdese sobre unha área de ao redor de 100 acres e é unha manifestación prominente da arquitectura de Chandigarh.
Componse de tres edificios, tres monumentos e un lago, incluído o Palacio da Asemblea ou Asemblea Lexislativa, o Edificio do Secretariado, o Tribunal Superior, o Monumento da Man Aberta, o Outeiro Xeométrico e a Torre das Sombras.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Patrimonio da Humanidade na India Estilo internacional (arquitectura)
Ligazóns externas
Fundación Le Corbusier
Categoría:Patrimonio da Humanidade na India Categoría:Arquitectura da India Categoría:Arquitectura do século XX