O parque natural da Albufeira des Grau (en ) é un espazo natural protexido situado na zona nordés da illa de Menorca, nas illas Baleares, a uns dous quilómetros da cidade de Maó, que foi declarado parque natural en 1995. Abrangue a Albufeira des Grau propiamente dita, a illa d'en Colom e o cabo de Favàritx.
O 16 de maio de 2003 ampliouse, pasando a ocupar a superficie actual, 5 067 hectáreas. É o núcleo da reserva da biosfera que engloba toda a illa, declarada de interese internacional en 1993.
Distínguense tres áreas: a illa d'en Colom, a zona do faro de Favàritx-prado de Morella e a lagoa e o prado da albufeira. Cada área inclúe unha gran variedade de ecosistemas: zonas húmidas, terras de cultivo e pasto, montes boscosos, comunidades litorais, cantís, dunas e numerosas praias.
Notas
Categoría:Xeografía de Menorca Categoría:Parques naturais das Illas Baleares