miniatura|300px|Unha moeda de prata ―de 16 mm, 2.2 gramos― do rei Rudrasena I (200-222), da Satrapía occidental. Esta moeda leva a data en saka en escritura brahmi no reverso: 131 saka, que corresponde a 209 d. C.
miniatura|300px|Mohar do rei gorkhali Prithvi Narayan Shah, datado no 1685 saka (1763 d. C.).
O calendario nacional indio Shaka Samvat, é o calendario civil oficial utilizado na India. Emprégase, xunto co calendario gregoriano, na Gazette of India, en difusións de noticias da All India Radio, e en calendarios e comunicacións publicados polo goberno da India.
Á marxe de tales propósitos formais, o calendario non é moi amplamente utilizado.
Estrutura do calendario
Mes Duración Inicio (cal. gregoriano) Chaitra 30/31 22 de marzo Vaisakha 31 21 de abril Jyaistha 31 22 de maio Asadha 31 22 de xuño Sravana 31 23 de xullo Bhadra 31 23 de agosto Asvina 30 23 de setembro Kartika 30 23 de outubro Agrahayana 30 22 de novembro Pausa 30 22 de decembro Magha 30 21 de xaneiro Phalguna 30 20 de febreiro
En anos bisestos, Chaitra ten 31 días e comeza o 21 de marzo en lugar do 30. Os meses da primeira metade do ano teñen todos 31 días, para ter en conta o movemento máis lento do sol a través da eclíptica neste tempo.
Os nomes dos meses derivan de calendarios hindús lunisolares máis antigos, polo que existen variacións no deletreo, o que é unha fonte posíbel da confusión en canto a que calendario pertence unha data.
Os anos cóntanse na era Saka, a que comeza o seu ano 0 no 78.
Categoría:Cultura da India Categoría:Calendarios Categoría:Símbolos da India