Os onge (tamén escrito önge, ongee ou öñge) son un pobo andamanés indíxena da illa da Pequena Andaman, nas Illas Andaman do sueste de Asia, no golfo de Bengala, na India. Tradicionalmente cazadores-recolectores e pescadores, tamén practican o cultivo de plantas. Foron designados como unha tribo rexistrada da India.

Historia miniatura|esquerda|200px|Distribución das tribos andamanesas a comezos de 1800 e en 2004; os onge están sinalados en azul. No século XVIII os onge distribuíanse por Pequena Andaman e as illas próximas, con algúns territorios e campamentos estabelecidos na Illa Rutland e no extremo sur da illa Andaman do Sur. Despois de atoparse con oficiais coloniais británicos, estabelecéronse relacións de amizade co Imperio Británico en 1800 a través do tenente Archibald Blair. O oficial naval británico M. V. Portman describiunos como o grupo "máis apacible, tímido e inofensivo" de andamaneses que atopou. A finais do século XIX visitaban ás veces as illas Irmán do Sur e do Norte para capturar tartarugas mariñas; nese momento, aquelas illas parecían ser o límite entre o seu territorio e a zona de distribución dos grandes andamaneses máis ao norte.M. V. Portman (1899), A history of our Relations with the Andamanese, Volume II. Office of the Government Printing, Calcuta, India. Hoxe, os membros superviventes están confinados en dous campamentos da reserva en Pequena Andaman: Dugong Creek no nordeste e Baía Sur.

Poboación O número de poboación onge reduciuse substancialmente tras a colonización, pasando de 672 en 1901 a apenas 100 segundo datos do censo de 2011. A poboación segue mantendo a súa identidade cultural e biolóxica, e parece que o número total pasou de 100 a 117 en 2017.

Unha das principais causas do descenso da poboación onge son os cambios nos seus hábitos alimentarios provocados polo seu contacto co mundo exterior.Devi, L. Dilly (1987). "Sociological Aspects of Food and Nutrition among the Onges of the Little Andaman Island". Ph.D. dissertation, University of Delhi, Delhi A mortalidade infantil sitúase no rango do 40%. O índice reprodutivo neto dos onge é de 0,91.A. N. Sharma (2003), Tribal Development in the Andaman Islands, page 64. Sarup & Sons, Nova Deli. O índice reprodutivo neto entre os grandes andamaneses é de 1,40.A. N. Sharma (2003), Tribal Development in the Andaman Islands, page 72. Sarup & Sons, Nova Deli.

En 1901, había 672 onge; 631 en 1911, 346 en 1921, 250 en 1931 e 150 en 1951.

Notas

Categoría:Grupos étnicos da India