A lingua chippewa (cuxo nome nativo é , que quere dicir 'a lingua dos anishinaabe', ou ('a lingua dos ojibwa') é un lingua algonquina falada dende Míchigan cara ao oeste até Dacota do Norte, nos Estados Unidos.Raymond G. Gordon Jr., ed. 2005. Ethnologue: Languages of the World. 15th edition. Dallas: Summer Institute of Linguistics. Representa a variedade sur da lingua ojibwa. O chippewa forma parte da familia lingüística algonquina e é un continuo dialectal do ojibwa (que inclúe as linguas ottawa, algonquina e oji-cree), que á súa vez están estreitamente relacionadas coa lingua potawatomi. Fálase nas beiras sur do lago Superior e nas áreas cara ao sur e oeste do lago Superior en Míchigan e o sur de Ontario.Densmore, 7 O chippewa está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Hai unha gran cantidade de variación na lingua. Algunhas das variacións son causadas polo patrimonio étnico ou xeográfico, mentres que outras prodúcense de persoa a persoa.Rhodes, XXIV Non existe unha única estandarización da lingua xa que existe como un continuo dialectal, segundo Nichols: "Existe como unha cadea de variedades locais interconectadas, denominadas convencionalmente dialectos".Nichols, viii
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Linguas algonquinas Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América