Hybrid Theory é o primeiro álbum do grupo de nu metal Linkin Park, lanzado á venda o 24 de outubro do 2000.
No ano 2001, este álbum foi o máis vendido en Estados Unidos. É ademais, o álbum debut que máis copias vendeu no século XXI, con 20 millóns de exemplares a nivel mundial.
O nome Hybrid Theory era orixinalmente o nome do grupo, pero por problemas cos dereitos de autor cunha banda inglesa chamada Hybrid, trocaron o nome polo de Linkin Park. Recordando os seus comezos, o álbum conserva o nome orixinal do grupo.
Lista de temas
Véxase tamén
Categoría:Álbums de Linkin Park Categoría:Álbums musicais de 2000 Categoría:Álbums de estrea Categoría:Álbums de Warner Bros. Records