Pablo Rodríguez Delgado, nado nas Palmas o 4 de agosto de 2001, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Racing de Santander, da Segunda División, cedido polo Lecce.
Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol no Valsequillo, antes de ingresar na canteira da UD Las Palmas en 2011. Despois de cinco anos no club amarelo, en 2016 incorporouse ás categorías inferiores do Real Madrid.
En agosto de 2019 debutou co Real Madrid Castilla na Segunda División B, substituíndo a Juanmi Latasa nun partido contra o Las Rozas. Disputou 11 partidos co filial branco ás ordes de Raúl, sumando dous goles.
En 2020 asinou polo Lecce, da Serie B de Italia. A súa estrea no fútbol italiano produciuse nun encontro ante LR Vicenza Virtus, no que substituíu na segunda parte a Mariusz Stępiński, marcando o gol da vitoria por 2-1. Militou dous anos no club pugliese, sumando 51 encontros e 8 goles, e na súa segunda campaña conseguiu o ascenso á Serie A.
En xaneiro de 2023 saíu cedido ao Brescia na procura de máis minutos, e en agosto volveu ser cedido desta vez ao Ascoli, tamén da Serie B.
Para a tempada 2024/25 regresou a España, como cedido ao Racing de Santander, da Segunda División.
Notas
Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria Categoría:Futbolistas das Canarias Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do US Lecce Categoría:Xogadores do Brescia Calcio Categoría:Xogadores do Ascoli Calcio 1898 Categoría:Xogadores do Racing de Santander