Carlos Gómez-Reino Carnota, nado en Pontevedra en 1946 e finado o 25 de xullo de 2012, foi un físico e profesor universitario galego, catedrático de óptica e vicerreitor da Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria
En 1968 licenciouse en Física pola Universidade Complutense de Madrid e obtivo as titulacións de mestrado e doutoramento en 1970 e 1975, respectivamente. Nos seus anos de estudante participou activamente da loita contra o franquismo. Entre 1969 e 1979 exerceu como profesor axudante de Óptica na UCM, colaborando con outro físico-óptico galego, o profesor Armando Durán Miranda.
En 1979 trasladouse á USC xunto coa súa esposa, a profesora María Victoria Pérez Martín, onde estableceron o primeiro laboratorio de óptica para estudantes e desenvolveron un laboratorio de investigación de alto nivel. En 1989 foi nomeado director da Escola Profesional de Óptica Oftálmica e Acústica Audiométrica da USC, liderando a súa transformación. Entre 1994 e 1998 desempeñou o cargo de vicerreitor na USC, durante o reitorado de Darío Villanueva.
Investigación e legado As súas principais áreas de investigación incluíron a óptica integrada, óptica de índice de gradiente (GRIN), placas de zona, óptica fisiolóxica, dualidade espazo-tempo, propagación de pulsos en medios dispersivos e ablación láser.
Foi autor de máis de 170 artigos en revistas científicas e coautor do libro Gradient-Index Optics: Fundamentals and Applications, publicado por Springer-Verlag en 2002.
Distincións En 1998 foi nomeado membro da Optical Society of America (OSA).
Tras o seu falecemento, a USC rendeulle homenaxe o 30 de novembro de 2012 nun acto presidido polo reitor Juan Casares Long no Paraninfo da Universidade, onde participaron numerosos compañeiros, amigos e familiares.
No ano 2021 dedicóuselle o VI Día da Ciencia en Galego xunto a Isidro Parga Pondal.
Vida persoal Foi irmán de Enrique e Juan Gómez-Reino, catedráticos universitarios de Dereito e Medicina
Notas
Véxase tamén Outros artigos Día da Ciencia en Galego Día da Ciencia en Galiza
Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Óptica Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes