miniatura|Walter Salles, director de Ainda Estou Aqui, filme gañador do premio na 97ª edición. Esta é unha lista dos filmes propostos na 97ª edición dos Óscar para o mellor filme internacional. A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou ás industrias cinematográficas de varios países a presentar o seu mellor filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956. O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa. O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados. A categoría foi anteriormente chamada mellor filme en lingua non inglesa, mais foi cambiado en abril de 2019 a mellor filme internacional, logo de que a academia considerase a anterior denominación como desfasada.
Para a 97ª edición dos Óscar, os filmes presentados deberon estrearse nos seus respectivos países entre o 1 de novembro de 2023 e o 30 de setembro de 2024. A data límite para a entrega á Academia foi o 2 de outubro de 2024. 89 países presentaron filmes e 85 foron consideradas elixibles pola AMPAS e proxectadas para os votantes.
Propostas País Título Lingua(s) Director(es) Resultado Pikë uji Albanés e italiano Robert Budina Dāne-ye anjīr-e ma'ābedPersa Mohammad Rasoulof 196 mitr Árabe e francés Chakib Taleb-Bendiab Yashan yev Leonid Brezhnevy Armenio e ruso Edgar Baghdasaryan El jockey Castelán Luis Ortega Des Teufels Bad Alemán Veronika Franz e Severin Fiala Balī Bengalí Iqbal Hossain Chowdhury Julie zwijgt Neerlanadés e francés Leonardo Van Dijl Mano propia Castelán Gory Patiño Nakon ljeta Croata e bosníaco Danis Tanović Ainda Estou Aqui Portugués Walter Salles Triumph Búlgaro Kristina Grozeva e Petar Valchanov Rendez-vous avec Pol Pot Francés e khmer Rithy Panh Kismet Pidgin camerunés Ngang Romanus Ntseh Une langue universelle Francés e persa Matthew Rankin Vlny Checo Jiří Mádl El lugar de la otra Castelán Maite Alberdi Li Si Ben wan chen mo Inglés e mandarín Fang Li La Suprema CastelánFelipe Holguin Seour-ui Bom Coreano Kim Sung-su Memorias de un cuerpo que arde Castelán Antonella Sudasassi Lijepa večer, lijep dan Croata Ivona Juka Pigen med nålen Dinamarqués Magnus von Horn Aire Castelán Leticia Tonos Al otro lado de la niebla Castelán, inglés e nepalés Sebastián Cordero Ema a smrtihlav Eslovaco, alemán e húngaro Iveta Grófová Odrešitev za začetnike Esloveno, inglés e francés Sonja Prosenc Segundo premio Castelán Isaki Lacuesta e Pol Rodríguez Biwa järve 8 nägu Estoniano Marko Raat Rehla 404 Árabe Hani Khalifa And So It Begins Filipino e inglés Ramona S. Diaz Mummola Finés Tia Kouvo Emilia Pérez Castelán Jacques Audiard Rita Castelán Jayro Bustamante Fonissa Grego Eva Nathena Kidnapping Inc. Francés e crioulo haitiano Bruno Mourral Jiu Lóng Chéng Zhài·Wéi Chéng Cantonés, teochew Soi Cheang Semmelweis Húngaro Lajos Koltai Laapataa Ladies Hindi Kiran Rao Perempuan Berkelamin Darah Rote Jeremias Nyangoen Dar Aghooshe Derakht Persa Babak Lotfi Khajepasha Baghdad Messi Árabe e kurdo Sahim Omar Kalifa Kneecap Irlandés e inglés Rich Peppiatt Snerting Inglés, xaponés e islandés Baltasar Kormákur Come Closer Hebreo Tom Nesher Vermiglio Ladino e italiano Maura Delpero Bauryna Salu Kazako Askhat Kuchencherekov Nawi Suahili e inglés Vallentine Chelluget, Apuu Mourine, Kevin Schmutzler e Toby Schmutzler Beyish - Enenin tamanynda Kirguiz Ruslan Akun Straume Sen diálogo Gints Zilbalodis Arzé Árabe Mira Shaib Sesės Lituano Laurynas Bareiša Abang AdikMandarín, cantonés e malaio Jin Ong Castillo Maltés Abigail Mallia Everybody Loves Touda Árabe Nabil Ayouch Sujo Castelán Astrid Rondero e Fernanda Valadez Baavgai Bolohson Mongol Zoljargal Purevdash Supermarket Serbocroata Nemanja Bečanović Shambhala Tibetano e nepalés Min Bahadur Bham Mai Martaba Hausa Prince Aboki Armand Noruegués Halfdan Ullmann Tøndel De terugreis Neerlandés, francés, inglés e castelán Jelle de Jonge From Ground Zero Árabe Aws Al-Banna, Ahmed Al-Danf, Basil Al-Maqousi, Mustafa Al-Nabih, Muhammad Alshareef, Ala Ayob, Bashar Al Balbisi, Alaa Damo, Awad Hana, Ahmad Hassunah, Mustafa Kallab, Satoum Kareem, Mahdi Karera, Rabab Khamees, Khamees Masharawi, Wissam Moussa, Tamer Najm, Abu Hasna Nidaa, Damo Nidal, Mahmoud Reema, Etimad Weshah e Islam Al Zrieai Despierta mamá Castelán Arianne Benedetti Sheesha Gar Urdú e inglés Usman Riaz Los últimos Castelán e guaraní Sebastián Peña Escobar Yana-Wara Aimará Óscar Catacora e Tito Catacora Pod wulkanem Ucraíno, castelán, inglés, ruso, alemán e wólof Damian Kocur Grand Tour Portugués Miguel Gomes Santosh Hindi Sandhya Suri Trei kilometri pâna la capatul lumii Romanés Emanuel Pârvu Dahomey Francés Mati Diop Ruski konzul Serbio Miroslav Lekić La Luna Malaio M. Raihan Halim Den sista resan Sueco e francés Filip Hammar e Fredrik Wikingsson Reinas Castelán Klaudia Reynicke Old Righteous Blues Afrikaans Muneera Sallies Melodiya PersaBehrouz Sebt Rasoul Lahn Mah Tailandés e teochew Pat Boonnitipat Lǎo hú li Mandarín, hokkien e xaponés Hsiao Ya-chuan Take My Breath Árabe Nada Mezni Hafaiedh Hayat Turco Zeki Demirkubuz La Palisiada Ucraíno, azerí e ruso Philip Sotnychenko Hay una puerta ahí Castelán Facundo Ponce de León e Juan Ponce de León Vuelve a la vida Castelán e inglés Luis Carlos Hueck e Alfredo Hueck Đào, phở và piano Vietnamita Phi Tiến Sơn Kuraudo Xaponés Kurosawa Kiyoshi Antikvariati Xeorxiano e ruso Rusudan Glurjidze My Sweet Land Armenio Sareen Hairabedian
Cambios e outras situacións A China seleccionou Li Si Ben wan chen mo de Fang Li, mais foi descualificado pola Academia porque máis do 50% do diálogo era en inglés. O proceso de selección de Grecia foi moi controvertido, cando o comité inicial de selección foi substituído polo ministro de cultura en agosto de 2024. O ministerio negou que os membros fosen escollidos oficialmente e culpou un empregado demasiado entusisasta pola confusión. Como protesta todos os vinte filmes enviados para a súa consideración agás un foron retirados polos seus autores e varios membros do novo comité resignaron. O Ministerio de Cultura dixo que a pesar das dimisións conseguírase quorum na votación e que Fonissa, o único filme non retirado era o candidato grego. A Fundación de Cinema Farabi, controlada polo goberno de Irán, seleccionou Dar Aghooshe Derakht de Babak Khajehpasha. A disidente Asociación Iraniana de Cineastas Independentes cuestionou por que "unha entidade controlada polo estado coñecida pola censura e a represión, aínda ten permiso para escoller a representante do cinema iraniano para o Óscar". Pediron á Academia que reconsiderase a relación con Farabi porque "os cineastas encaran graves repercusións, mesmo prisión e prohibicións, se non se aliñan coa propaganda do réxime". O cineasta Mohammad Rasoulof estaba entre os afectados, escapando dunha sentenza de prisión en Irán a principios de 2024 para vivir no exilio en Alemaña. O seu filme ambientado en Irán Dāne-ye anjīr-e ma'ābed foi escollido como candidato alemán aos Óscar. O comité de selección de Venezuela inicialmente escolleu Niños de Las Brisas de Marianela Maldonado. A Academia informou de que o filme era inelixíbel porque se exhibira nunha plataforma de streaming antes da súa estrea en salas de cinema. No seu lugar enviou Vuelve a la vida de Luis Carlos Hueck e Alfredo Hueck. Xordania inicialmente seleccionou My Sweet Land de Sareen Hairabedian, mais posteriormente retirouno por presións diplomáticas de Azerbaidján.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial dos Premios da Academia
97 Categoría:Cinema en 2024