A selección masculina de baloncesto dos Estados Unidos representa os Estados Unidos nas competicións internacionais de baloncesto masculino. Gañou 20 medallas (17 de ouro) nos Xogos Olímpicos, 12 medallas (5 de ouro) no Campionato do Mundo e 9 medallas (7 de ouro) no Campionato americano.
Historia O equipo masculino é un dos equipos máis dominantes nos Xogos Olímpicos, xa que conseguiu medalla en todas as edicións nas que participou. Ademais, até 1989 a Federación Internacional de Baloncesto non permitiu que os xogadores profesionais participasen nos Xogos, logo de que en Seúl 88 só conseguisen a medalla de bronce. esquerda|miniatura|EUA contra Arxentina nos Panamericanos de 1951. O primeiro equipo integrado por profesionais estadounidenses nos Xogos foi o "Dream Team" (o 'equipo do soño'), clasificado para Barcelona 92, liderado por Michael Jordan, Magic Johnson e Larry Bird, continuado polos equipo gañadores do ouro nos Xogos de Atlanta 1996 e de Sidney 2000. Despois doutra medalla de bronce, desta vez en Atenas 2004, formaron outro equipo cos mellores xogadores da NBA liderados por LeBron James e Kobe Bryant, chamado "Redeem Team" (o 'equipo da redención') nun xogo de palabras para lembrar o Dream Team do 92 e gañar o ouro en Beijing 2008.
Carmelo Anthony, con 31 partidos disputados, é o xogador con máis aparicións internacionais vestindo a camisola da selección nacional nos Xogos Olímpicos, mentres que Kevin Durant, con 518 puntos, é o máximo anotador de toda a historia olímpica da selección.
Historia
Xogos Olímpicos EdiciónAnoSedePosiciónJGPPFPCDPXI1936 - Berlín55015469 +85XIV1948 - Londres880524256 +268XV1952 - Helsinqui880562406 +156XVI1956 - Melbourne880793365 +428XVII1960 - Roma880815476 +339XVIII1964 - Tokyo990704434 +270XIX1968 Cidade de México990739505 +234XX1972 (RFA) - Múnic981660401 +259XXI1976 - Montreal770586500 +86XXII1980 - MoscovaNon participouXXIII1984 - Os Ánxeles880763506 +257XXIV1988 - Seúl871733490 +243XXV1992 - Barcelona880938588 +350XXVI1996 - Atlanta880816562 +254XXVII2000 - Sydney880760587 +173XXVIII2004 - Atenas853705668 +37XXIX2008 - Pequín880850627 +223XXX2012 - Londres880924667 +257XXXI2016 - Río de Xaneiro880807627 +180XXXII2020 - Tokyo651594474 +120XXXIII2024 - París660632518 +114
Notas
Véxase tamén Outros artigos Dream Team Redeem Team Estados Unidos de América nos Xogos Olímpicos
Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2024 Estados Unidos Categoría:Deporte nos Estados Unidos de América