María Camino Andrea Oskoz Urriza, nada en Pamplona o 11 de abril de 1910 e finada en Urbasa o 10 de agosto de 1936, foi unha mestra republicana navarra afiliada a UXT, secretaria no Partido Comunista, asistente en Socorro Vermello Internacional e vítima da guerra civil en Navarra.

Traxectoria Nada na rúa Santo Domingo, era a menor de catro fillos dos touciñeiros do mercado de Santo Domingo, Antonio e Anastasia. Estes morreron pola gripe de 1918, polo que os seus fillos foron criados por familiares. Camino terminou os seus estudos no Colexio das Teresianas de Pamplona con boas notas. En 1930 obtivo a praza de mestra en Gorza, no Val de Salazar.

Estivo afiliada a FETE-UXT. En 1932 participou nos debates da Semana Pedagóxica do 4 ao 11 de setembro en Pamplona. Tamén foi membro do Partido Comunista e uniuse ao Socorro Vermello Internacional tras a Revolución de Asturias de 1934. Durante a súa curta vida docente e militante, Camino Oscoz tivo un triplo compromiso coa educación, a igualdade e a xustiza.

Detención e asasinato Con 22 anos foi secretaria do Partido Comunista. O 31 de xullo de 1936 foi arrestada e levada ao cárcere de Pamplona. Sufriu vexacións (rapáronlle o pelo e obrigáronlle a tomar aceite de rícino), tortura e, probabelmente, violación. Os falanxistas paseárona publicamente por Pamplona coa roupa resgada e chea de sucidade o 31 de xullo de 1936 co beneplácito das autoridades relixiosas. Despois de once días, o 10 de agosto foi asasinada a tiros polos carlistas durante o seu traslado a Urbasa e o seu cadáver arrichado ao Balcón de Pilatos. O corpo de Oscoz caeu até Baquedano e continúa desaparecido.

Memoria A súa historia foi recollida no libro Camino Oscoz y otras historias del 36 (en éscaro, Camino Oskoz eta 36ko beste historia batzuk) de Joseba Ezeolaza, coordinador da Asociación de Familiares de Fusilados de Navarra. Ezeolaza afirma que «Oscoz foi asasinada porque era perigosa para o réxime; paseárona como prisioneira pola cidade, sufrindo, como un trofeo, para escarmento público». Pío Baroja e José María Jimeno Jurío xa escribiran antes sobre o asunto.

Galo Vierge foi unha das testemuñas da detención e encarceramento de Camino Oscoz. Cando foi arrestado, Vierge tivo a oportunidade de conversar con Oscoz. Informou sobre esta entrevista no libro Los culpables:

O Instituto da Memoria de Navarra renovou e actualizou o Mapa de Placas de Navarra en 2018. Por medio deste ponse a disposición do público a información sobre a memoria histórica. No antedito mapa atópanse seis tumbas en Sakana e outras seis en Urbasa, e tamén figura o nome de María Camino Oskoz.

Homenaxes

O 23 de xuño de 2018 a Asociación de Familiares de Fusilados de Navarra en 1936 (Affna) instalou unha pequena placa nun lastro da rúa Santo Domingo de Pamplona, onde naceu.

O 10 de agosto de 2018 o municipio de Gorza rendeu homenaxe á mestra Oscoz instalando unha placa na súa honra na entrada da escola onde impartiu clases. No lugar tamén se instalou unha recreación dunha aula con materiais da época. En 2019 unha rúa do barrio de Lezkairu en Pamplona foi renomeada tras unha resolución municipal formada polo alcalde Joseba Asiron. Vida persoal

Foi compañeira sentimental de Tomás Áriz, líder do Partido Comunista de Pamplona.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Violencia sexual na España franquista e da transición

Bibliografía

Categoría:Nados en Pamplona Categoría:Comunistas de España Categoría:Asasinados polo bando nacional Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1936