Salta! (en ) é un filme de comedia e fantasía de 2023 dirixido por Olga Osorio e protagonizado por Tamar Novas, Marta Nieto, Mário Santos e Rubén Fulgencio. Estreouse nos cinemas o 1 de setembro de 2023. Na 22ª edición dos Premios Mestre Mateo estivo nomeado en 9 categorías, mais finalmente só gañou o premio á mellor interpretación masculina protagonista para Tamar Novas, quen xa gañara o mesmo premio na edición anterior.
Rodado orixinalmente en lingua castelá, estreouse dobrado ao galego en Amazon Prime Video o 5 de decembro de 2023. Foi traducido por Manuel Arca Castro e a directora de dobraxe foi Charo Pena.
Sinopse Ambientado no verán de 1989, dous nenos, Teo, un mozo futboleiro algo fedello, e Óscar, un sabichón que pasa as tardes no verán estudando, lidan á súa maneira coa desaparición da súa nai, unha científica obsesionada cos buratos de verme.
Personaxes Tamar Novas como Óscar Marta Nieto como Elena Mário Santos como Teo Rubén Fulgencio como Óscar de 13 anos Irene Jiménez como Alba Saúl Esgueva como Pablo Mabel Rivera como Avoa Manuel Manquiña como Manuel Lara Morgalo como Elena de 12 anos Machi Salgado como o guerrilleiro
Produción O guión foi escrito por Olga Osorio xunto con Araceli Gonda. Nun principio, o título do filme era Un pasado por delante. Foi producido por Vaca Films e "Quien a hierro mata AIE", coa participación de Prime Video, RTVE, TVG, con financiamento de ICAA, AGADIC e MEDIA. A rodaxe fíxose no Barrio das Flores da Coruña.
Estrea Distribuído por A Contracorriente Films, estreouse nos cinemas de España o 1 de setembro de 2023.
Acollida Raquel Hernández Luján de HobbyConsolas deulle unha puntuación de 75 puntos ('boa'), considerando que é "un filme conmovedor, ben montado e con boas interpretacións malia ser unha produción modesta".
Salvador Llopart de La Vanguardia deulle 3 de 5 estrelas, considerando que se trata de "unha historia entrañable, divertida e nostálxica ao mesmo tempo", aínda que sinalou que "non lle viría mal un pouco de atrevemento narrativo".
Galardóns e nomeamentos Ano Premios Categoría Nomeado(s) Resultado Ref. 2024 22ª edición dos Premios Mestre Mateo Mellor filme Mellor dirección Olga Osorio Mellor guión Olga Osorio, Araceli Gonda Mellor dirección artística Alexandra Fernández Mellor actor Tamar Novas Mellor música orixinal Manuel Riveiro Mellor son Carlos Mouriño, David Machado, Javier Pato Mellor deseño de vestiario Ana López Mellor maquillaxe e peiteado Susana Veira, Beatriz Antelo, Antonio Naranjo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados na Coruña Categoría:Filmes de Vaca Films Categoría:Filmes de viaxes no tempo Categoría:Filmes ambientados en 1989 Categoría:Filmes ambientados en 2022 Categoría:Filmes de 2023 con versión en galego