Centro histórico de Barajas é un barrio integrado no distrito de Barajas no termo municipal de Madrid e sitúase a 11 km ao noroeste de Madrid. Ten unha superficie de 60,92 hectáreas e unha poboación de 7905 habitantes (2009). Corresponde ao trazado do concello de Barajas orixinario.

Atópase rodeado polos barrios de Aeropuerto, Timón e Corralejos. Está delimitado ao norte coa M-13, ao sur coa rúa Ayerbe, o Camiño ao cuartel da Garda Civil e a glorieta Ermida da Virxe da Soledad, ao leste coa M-14 (antigo trazado das vías do ferrocarril do Aeropuerto) e ao oeste coa Avenida de Logroño (os números pares).

Categoría:Barrios de Madrid