Edward Teller, nado en Budapest o 15 de xaneiro de 1908 e finado en Stanford, Estados Unidos, o 9 de setembro de 2003, foi un físico teórico.

Traxectoria De orixe xudía, emigrou aos Estados Unidos en 1935 fuxindo das persecucións da Alemaña de Hitler. En 1941 adoptou a nacionalidade estadounidense. Recórdase especialmente a Teller pola súa vinculación á fabricación da bomba de hidróxeno, polo que se lle atribúe o alcume de pai da bomba H, en contra do seu criterio, pois aludía a que non fixera méritos para iso."I have always considered that description in poor taste." .

Fixo numerosas contribucións á física nuclear e física molecular, espectroscopía (en particular, o efecto Jahn-Teller e o efecto Renner-Teller) e á física de superficies. A súa extensión da teoría de Enrico Fermi da radiación beta, na forma das transicións Gamow-Teller, proporcionou un fito na súa aplicación, mentres o efecto Jahn-Teller e a teoría Brunauer–Emmett–Teller (BET) mantiveron a súa formulación orixinal e son aínda pedras angulares en física e química. Tamén fixo contribucións á teoría de Thomas-Fermi, precursora da teoría da función densidade, ferramenta estándar na aplicación da Mecánica cuántica ó tratamento de moléculas complexas. No 1953, con Nicholas Metropolis, Arianna Rosenbluth, Marshall Rosenbluth, e Augusta Teller, foi autor dun artigo que supuxo o punto de partica para a aplicación do Método de Montecarlo na Mecánica estatística. Ó longo da súa vida, Teller foi coñecido pola súa habilidade científica e as súas dificultosas relacións interpersoais e volátil personalidade.

Foi un dos primeiros membros do Proxecto Manhattan, que promoveu,encargado de desenvolver a primeira bomba atómica. Durante ese tempo, fixo asemade un grande esforzo para o desenvolvemento das armas baseadas na fusión nuclear, aínda que dito tipo de armas tivo comezo pasterior á segunda guerra mundial. Despois da súa controvertida testemuña no proceso do seu superior no laborario Nacional dos Álamos, J. Robert Oppenheimer, Teller foi illado pola maioría da comunidade científica. Seguiu tendo o apoio do goberno e estamentos de investigación militar estadounidenses, en particular pola súa defensa do desenvolvemento da enerxía nuclear, dun forte arsenal nuclear e dun programa de testado nuclear vigoroso. Foi cofundador do Laboratorio Nacional Lawrence Livermore (Lawrence Livermore National Laboratory, LLNL), do que foi tamén director asociado e director durante moitos anos.

Nos seus últimos anos, foi coñecido como defensor de solucións tecnolóxicas controvertidas para problemas civís e militares, incluíndo un plan para a escavación dun porto artificial en Alasca usando explosivo termonuclear (proxecto Chariot). Asemade, foi un firme defensor da Iniciativa estratéxica de defensa (SDI) de Ronald Reagan.

A súa figura pública foi sempre controvertida, tendo recibido importantes honores e sendo criticado duramente por moitos dos seus colegas.

Notas

Categoría:Físicos de Hungría Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Medalla Presidencial da Liberdade Categoría:Personalidades do Proxecto Manhattan Categoría:Estadounidenses de ascendencia eslovaca Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudeohúngara Categoría:Estadounidenses de ascendencia húngara Categoría:Alumnos da Universidade de Leipzig Categoría:Alumnos da Universidade de Gotinga Categoría:Nados en Budapest