A minería biolóxica consiste na extracción da información biolóxica do mundo utilizando unha combinación da bioloxía computacional, a xenómica e a aprendizaxe automática para desenvolver novos antibióticos e outras moléculas de utilidade.

En 2019, o equipo de De la Fuente Lab, propuxo por primeira vez a exploración dixital dos repositorios de datos biolóxicos existentes (xenomas, metaxenomas e proteomas) como unha nova estratexia para acelerar o descubrimento de antibióticos. Grazas aos avances en intelixencia artificial, a minería biolóxica facilita a identificación de novas moléculas a unha velocidade moi alta e cun enfoque moito máis amplo, en lugar de recorrer a experimentos cuxo custo temporal é moito maior. Para lograr isto, desenvolvéronse modelos de intelixencia artificial adestrados con conxuntos de datos experimentais estandarizados, co fin de predicir a actividade antimicrobiana de secuencias específicas de aminoácidos, dando orixe a unha novo paradigma no descubrimento de antibióticos. Esta liña de investigación tamén revelou unha nova clase de péptidos, os péptidos encriptados.

Esta ferramenta xa permitiu descubrir axentes antimicrobianos ocultos dentro dunha variedade de xenomas, incluídos os de organismos vivos e extintos, como a guavanina-2, a mamutusina ou a neandertalina.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

De la Fuente Lab

Categoría:Biotecnoloxía Categoría:Intelixencia artificial Categoría:Bioinformática